//
estás a ler...
., Cambados

In Memorian Ernesto Abal


O bombeiro do grupo de música tradicional OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA, Ernesto Abal González de 67 anos, faleceu onte na súa casa en San Adrián de Vilariño – Cambados por un accidente.

Ernesto Abal, home dun corazón inmenso e unha amistade infinita, amigo dos amigos e un apasionado da música tradicional, levaba 20 anos formando parte do Grupo OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA, tiña a peculiaridade de poder extraer do seu instrumento un son moi especial que destacaba pola súa nitidez e perfecta afinación ademais do seu estilo propio e característico. Sempre ligado á cultura do país, Ernesto era irmán de Secundino Abal o gaiteiro de Vilariño que fundara OS CARBALLEIRAS, homenaxeado recentemente no concello de Cambados. Ademáis de todo o que se puidera contar da súa persoa, todo positivo, foi un home que vivíu dunha forma moi especial e intensa as diferentes actividades culturais nas que participou.

Nos anos 70, foi directivo do Club Juventud de Cambados; tamén durante 17 anos foi o presidente da Comisión de Festas de San Roque en San Adrián de Vilariño; foi presidente e un dos fundadores do Plantel Xuvenil Mocedade de Vilariño, donde nos anos oitenta chegou a ter un movenmeto de actividades culturais como baile, Banda de Gaitas, coro, teatro, etc nas que participaban máis de 200 rapaces da parroquia; participou na comisión da Festa do Labrego, sendo nos primeiros anos un dos seus promotores e colaborador principal; e, como dixemos antes, 20 anos formando parte dun dos grupos de maior prestixio de Galicia, como son OS FAÍSCAS.

En todo o que participou, sempre quixo que a nosa cultura e sobre todo, a nosa música, estivese no lugar máis alto que podamos imaxinar.

OS FAÍSCAS queremos enviarlle unha forte aperta alá donde estea Ernesto e dicirlle que nunca o olvidaremos porque forma parte dos nosos corazóns.

ATA SEMPRE ERNESTO…

NUNCA TE ESQUECEREMOS

Ernesto será velado noTanatorio de Ribadumia a partir deste mediodía, e o funeral de corpo presente será mañán ás 16:00 h na Igrexa de San Adrián de Vilariño. A condución sairá ás 15:45 do tanatorio.

OS FAÍSCAS DE SOLOBEIRA

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xaneiro 2012
L M M X V S D
« Dec   Feb »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: