Segundo o Xornal Galicia, o Patrón Maior de Cambados, Benito González, quen tamén é Presidente da Federación Galega de Confrarías, está a ser investigado pola Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza por presuntas retribucións irregulares á fronte do ente autonómico. Foi AGAMAR (Asociación Galega de Mariscadores) quen denunciara en Novembro estes feitos, xa que segundo eles González percibira durante tres anos até 78.000 euros en concepto de retribución en calidade de Presidente das confrarías galegas, algo segundo AGAMAR “contrario á lei”. Eles pedían tamén investigar daquela outros 90.000 en concepto de dietas e a súa compatibilidade cos ingresos de Benito González por ser Patrón Maior de Cambados, membro da Autoridade Portuaria de Vilagarcía e vocal da Federación Española de Confradías (todo isto á marxe da súa empresa particular Barco Pelea SL). Seguir lendo