//
estás a ler...
., Cambados

Aragunde asegura que a gardería non se encarecerá


O alcalde de Cambados zanxou así o debate que se vén producindo hai días sobre a suba de prezos tamén nas garderías. As que dependen directamente da Xunta (por exemplo as antigas Galescolas, agora Galiñas Azuis)  si verán aumentadas as súas tarifas este ano, en concreto no mes de Setembro. Respecto ás municipais, son os gobernos locais quen deciden sobre o asunto.

Neste sentido, Luís Aragunde manifestou a La Voz de Arousa que a de Cambados non aumentará prezos porque “é un momento difícil, e non podemos repercutir todo nas familias”. Esta declaración, que a priori debería tomarse ao pé da letra, ten unha fiabilidade relativa, logo de que o Concello subira varios impostos municipais a finais de ano tan só 15 días despois de que Aragunde dixera na prensa que o Concello non subiría as taxas, precisamente polo motivo da crise. Só queda agardar que desta vez si cumpra a súa palabra. Imaxe de Cambado.es

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xaneiro 2012
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: