//
estás a ler...
., Cambados

O conflito de Alfageme podería resolverse pronto


Os problemas que atravesa a conserveira Alfageme, que dá traballo a unhas 150 persoas no Salnés (unha das comarcas máis castigadas polo desemprego) poderían ver a luz moi pronto. Así o reflectía onte Diario de Arousa, xa que segundo este xornal a Xunta por medio da Consellaría e a empresa El Consorcio estarían en conversas sobre o futuro da conseveira. As condicións das que se falaron sería de que El Consorcio reciba unha liña de financiamento duns oito millóns para asegurar a posta en marcha das operacións, e a condonación dunha posíbel débeda de 30 millóns , a cambio de que se mantivera a produción e os postos de traballo.

ANKARR, O XUÍZ INTERVÉN EN CAMBADOS

Por outra banda, a confitería Ankarr segue a ser noticia. Por desgraza a empresa, que tiña unha sede en Cambados, viviu dous procesos de ERE nos últimos tempos. As empregadas levan meses sen cobrar e segundo La Voz de Arousa o xuíz de Cambados acaba de ditar a orde de desfiuzamento na tenda do noso Concello logo de que o propietario do local estivera sen cobrar o aluguer durante meses. Segundo a Voz as empregadas levarían ademais cinco meses sen recibir o salario e grazas a esta medida xudicial poderían comezar a cobrar o desemprego.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xaneiro 2012
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: