Nos últimos días deuse a coñecer a intención da Xunta de Galicia de eliminar as Fundacións Comarcais, aqueles entes creados por Manuel Fraga que non acabaron por ter unha finalidade definida e que en moitos casos remataron por ter como fin principal o emprego de persoas afíns ao partido. Pero a cuestión é…que se vai facer coas sedes daquelas Fundacións? [Preme para acceder á enquisa] Continúa premendo en
En Cambados temos unha, coñecida desde sempre como ExpoSalnés, que alberga agora unha zona de exposicións sobre a comarca, cunha coñecida maqueta de grandes dimensións, e outra cun pequeno salón de actos (onde se teñen celebrado presentacións de libros ou conferencias variadas) e cunha zona onde se levaron a cabo exposicións de todo tipo. Ademais conta cun edificio até agora supostamente empregado para fins administrativos (o edificio que linda co antigo Zaragozano).
A casa da Calzada onde se estableceu esta Fundación foi expropiada polo Concello á familia Daporta na década dos noventa por 390.000 euros (expropiación non exenta de polémica ao ser considerada por varios sectores como unha “vinganza” do PP á parte disidente -do PSOE- da familia Daporta), e en 1996 comezaron as obras de rehabilitación, que incluiron a construción dun edificio adosado á Casa. Exposalnés está situado en pleno centro de Cambados, e conta cunha superficie de 723 metros cadrados útiles.
Agora, coa fin destas Fundacións, o Concello está a negociar a recuperación da Casa e en caso de que o goberno local consiga recuperar o patrimonio que el mesmo expropiou (posiblemente, como se demostra agora, sen necesidade) búscanse funcións para este edificio tan ben situado na vila. Ti podes opinar e dar ideas sobre o futuro de Exposalnés a través da enquisa que poñemos á túa disposición, e que foi idea da profesora e colaboradora de CTK, Maribel Iglesias. Tan só che levará un par de minutos, participa na enquisa.
Conversa
Aínda non hai comentarios.