//
estás a ler...
., Cambados

O BNG celebra esta fin de semana a súa Asemblea Nacional máis importante desde a fundación


O Bloque Nacionalista Galego convocou á súa militancia para o sábado e domingo que vén para decidir o seu futuro. Trátase dunha Asemblea Nacional, o cónclave onde os afiliados da formación frontista deciden sobre as posturas a defender nos seguintes dous anos (a través dos documentos políticos aprobados) e tamén sobre a dirección política. Neste caso concreto, ademais, os militantes presentes elixirán ao cabeza de lista para as vindeiras eleccións autonómicas. Máis info. premendo en

Este proceso é clave pola situación de confrontación que se dá, con dous bloques (aínda que supoña un xogo de palabras) diferenciados. Un é o integrado por militantes e simpatizantes da Unión do Povo Galego, o vello partido comunista que estivo presente nas sucesivas direccións do Bloque desde hai trinta anos; outro é a integrada por independentes, Encontro Irmandiño e Máis Galiza, que se unen baixo un eixo altermundista-socialdemócrata.

Os primeiros presentarán como candidato a portavoz nacional ao actual, Guillerme Vázquez, e como candidato á Xunta a Francisco Jorquera (actualmente deputado nas Cortes). Os segundos están capitaneados por Xosé Manuel Beiras, o histórico e sobresaínte dirixente que aspira a volver a ocupar a portavocía para rexenerar e refundar o Bloque.  Carlos Aymerich, portavoz do BNG no Parlamento, será o seu candidato á Presidencia da Xunta. Hai unha terceira forza, a do Movemento Galego ao Socialismo de Rafa Vilar (de corte tamén comunista), que tamén concorre con lista propia á A.N. aínda que protagonizaron menos aparicións mediáticas. No pasado aliáronse coa UPG en varias ocasións, por exemplo na última AN.
As forzas amósanse a priori igualadas entre os dous grandes grupos e hai máis de 5.000 militantes inscritos para a Asemblea. Nalgún medio fálase de “batalla final” e foron moitos os que afirmaron que esta era a “derradeira oportunidade” para recuperar un BNG útil e atraínte para a sociedade galega. A idea dunha escisión planeou tamén durante os últimos meses.

PARTICIPACIÓN CAMBADESA

Os militantes do BNG de Cambados, como non pode ser doutro xeito, participarán tamén na AN. Os tres concelleiros xa confirmaron a súa presenza, aínda que publicamente ningún deles se decantou por algunha das opcións que existen. Si se decantaron de xeito claro tres persoas, que formarán parte de candidaturas. Na lista na UPG concorre Montserrat Prado, veciña de Oubiña, ex concelleira, ex Delegada de Industria e actual Secretaria de Organización do BNG. Faino de número 4 (hai cincuenta persoas máis suplentes en cada lista). Na candidatura “pola rexeneración” de Beiras aparece o tamén ex concelleiro e ex deputado Francisco Trigo, aínda que no penúltimo posto das suplencias. No caso da terceira lista, do MGS, participa a moza cambadesa Ana Corbelle (na posición 30ª). Queda, polo tanto, moi pouco tempo para coñecer as decisións dos militantes, aos que lles corresponde agora decidir cal é o Bloque que veremos nos vindeiros anos.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xaneiro 2012
L M M X V S D
« Dec   Feb »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: