O voceiro do Bloque, Víctor Caamaño, declarou á La Voz de Arousa que o seu grupo votará en contra de calquera proposta de conceder unha rúa ou praza a Manuel Fraga en Cambados. Para Caamaño, a elección dos nomes do rueiro debería facerse por consenso de todos os grupos, e defendeu a decisión do primeiro alcalde da democracia, Xoán Antonio Pillado, de ter cambiado o nome á Avenida de Fraga polo actual de Avenida de Vilariño. E engadiu, “como acerto foi tamén substituir a rúa do Generalísimo pola avenida de Galicia”.
O PSOE pola súa parte, anunciou que non se oporá, que se absterá, nunha hipotética votación sobre a rúa Fraga. Isto dicíao o seu portavoz local, Rafael Blanco. Pero as Xuventudes Socialistas pronunciáronse na rede en contra desta decisión baseándose no pasado franquista de Fraga e remitíndose á Lei de Memoria Histórica.
Estes de BNG sempre en contra de todo, se a rúa se chamase, Anxo Quintana, Beiras o calquera destes que nunca fixeron nada, outro galo cantaría.
Con todo o respecto Ángel, a min (é máis, a min como votante do Bloque) paréceme a decisión máis coherente. Só faltaría que o BNG aplauda este tipo de iniciativas, iso sería algo inaudito. O caso do PSOE é realmente estraño, o portavoz din que se absterán (novidade) pero as Xuventudes totalmente en contra.
Eu creo que, como Víctor Caamaño, os nomes das rúas deberían aprobarse por consenso e foran compartidas por todos E neste caso estaba claro que non ía haber consenso posto que a unha parte de Cambados non lle parece ben que se lle adique unha rúa a Manuel Fraga (inclúome), por varias razóns que xa podes estar imaxinando.
Que eu sepa nin Anxo Quintana nin Beiras foron colaboradores necesarios da Dictadura Fascista do Xeneral Franco, todo o contrario. Nin Beiras ni Quintana asinaron sentencias de morte, nin ordenaron a masacre dos traballadores de Victoria nin ocultaron o asesinato de Ruano, ostras Ángel, e que fas unhas comparasións…
Que en Cambados vai haber unha rúa Fraga seguro, pois a maioría da poboación é de dereitas.Agora ben,contestando a Ángel, tes toda a razón, Beiras non fixo nada do que ti lle aplaudes a Fraga, pois non firmou sentenzas de morte e, polo tanto, non hai mortos nas cunetas por culpa del…