O BNG viviu hoxe unha xornada histórica, trala fin do cónclave máis importante desde a súa fundación. Os dous grandes bloques, os comunistas da UPG e os socialdemócratas/altermundistas de +G e Encontro Irmandiño (ambalas dúas faccións con independentes do seo da fronte) viviron un “choque de trens” que provocou uns resultados moi axustados. A diferenza era clara, os primeiros apostaban polo continuismo, tanto nas persoas na dirección como nas teses do BNG desde a caída do bipartito; e os segundos presentábanse pola “Rexeneración e refundación do Bloque”, por unha apertura da fronte á sociedade.
A UPG fíxose coa vitoria “polos pelos”, como calificou o medio Galicia Confidencial. No Consello Nacional a UPG a través da súa plataforma acadou o 48% dos votos e os de Beiras o 45%. Isto fai que na Executiva ambos bloques conseguiran 7 representantes, por 1 da terceira lista, o MGS (afín á UPG, como demostrou o devir da Asemblea). A cambadesa Montse Prado, que participaba na plataforma da UPG, conseguiu un posto nesa Executiva, da que xa formou parte os últimos dous anos.
Finalmente, os militantes do Bloque votaron o que será o vindeiro candidato á Presidencia da Xunta. Será o candidato da UPG, Francisco Jorquera, con 2.338 votos fronte aos 2.043 de Aymerich. O voceiro nacional do BNG seguirá a ser o auspiciado tamén pola Unión do Povo Galego, Guillerme Vázquez; logo de vencer en segunda volta ao histórico Xosé Manuel Beiras. Polo tanto a UPG fíxose coas caras visibles da organización por escasa marxe. Info. de Galicia Confidencial e imaxe de La Voz.
Eu onte pensei que gañara o BNG, pero parece ser que non foi asi. Non entendo nada. Eu vivin unha Asemplea democratica limpa e enriquecedora, pero parece ser que tampouco foi así. Eu votei BNG. Preguntome eu estaria ben si gañara Beiras?. Despois do que lin hoxe na rede que alguen me explique o que significa democracia. Grazas.
Imos por partes. Non creo que esta Asemblea fora máis importante ca as anteriores só porque dúas das CATRO faccións pensaran que era decisiva, todas as AN do BNG son igual de importantes porque é o órgano democrático real no que todos os seus militantes tenhen a oportunidade de utilizar o seu soberano poder de palabra e voto. Tamén creo que dicir que as teses son continuistas indica a non lectura das anteriores teses e das actuales aprobadas esta fin de semana. As teses anteriores eran moito máis light ca estas.
Por outro lado, o MGS en ningún momento pactou con ningunha das outras listas. Non “apoiaron os candidatos do partido hexemónico”, xa que en ningún momento o MGS deu o apoio a ningunha das dúas persoas que se presentaban para candidatos á Xunta; decidiu non presentar ningún candidato e non apoiar a ningún dos dous que se presentaban. E “afín á UPG, como demostrou o devir da Asemblea” paréceme un tanto demagóxico, ademais de incerto. O MGS estivo ao longo de toda a Asemblea presentando enmendas ao documento base (o de APU) e defendéndoas, tanto nas comisións como no plenario; non foi alí simplemente a votar un portavoz nacional, porque esa non é a única finalidade nin, na minha oipinón, a máis importante da Asemblea Nacional. E isto último último é algo que se lle olvida a moita xente.
Polo tanto, eu opino o mesmo ca Chon, ninguén perdeu. Porque o máis importante non é que partido dos que forman a fronte do BNG sexa o que ten máis membros no Consello Nacional, nin que lista conseguíu a portavocía nacional, nin cal o candidato á Xunta. O máis importante e seguir demostrando que somos democráticos e que todos somos membros dunha mesma fronte na cal cremos, na cal ponhemos as nosas ilusións e o noso trabalho.
Ana, tes toda a razón no caso do candidato á presidencia da Xunta, foi un erro “humano” xa que entendera que si se pedira o voto a Jorquera. Pero no caso de voceiro nacional (na segunda volta, xa que na primeira o MGS presentou candidatura) o portavoz do MGS si pediu, segundo as diferentes informacións, o voto ao candidato da APU-UPG.
Sobre o resto de temas que tocas, xa é cuestión de opinión e adianto que non partillo contigo as impresións sobre a AN, sobre todo non comparto a conclusión. Mañá publicarei seguramente un artigo de opinión sobre o BNG (o último?) no que amoso o meu punto de vista, radicalmente diferente.
Saúdos e grazas polo comentario, e corrixirei o texto (eliminando a información non-veraz) aínda que seguramente non tanto como para que che agrade.
Non quero que penses que o comentario foi con mala leche, nin por asomo. Só quería dar a minha opinión e deixar clara a postura que tivo o MGS, nada máis. Un saúdo.
En absoluto mo tomei así, non vexo ningún problema por ter puntos de vista diferentes (incluso se son opostos). Ás veces na rede, ao escribir, é difícil saber se un está sendo borde, agradable, serio, irónico… para min é un pracer ler comentarios, aínda que (ou “e máis aínda cando”) sexan críticos. Saúdos!
Amigo Óscar, o resume paréceme pouco obxectivo: “unha candidatura era continuista, a outra renovadora para abrirse á sociedade”. Ambas candidaturas tiñan detrás un modelo de organización, de propostas, de artellamento social. Que unha se defina como “renovadora” é unha cousa (con propostas tan discutibles como as listas abertas, por certo), pero a outra non se autodenominou “continuista”, non si? Coma Chon, eu esto ben contento de como foi a asemblea, penso que modélica.
Manolo, é certo que unha non se deifiniu como continuísta pero tamén é verdade que esa candidatura apostaba por continuar , tanto coa liña coa que se chegou á Asemblea como co equipo de persoas (coas altas e baixas pertinentes). Ese é o sentido da frase. Dicirvos que como sempre as “novas” que aquí se publican non son obxectivas nin pretenden selo e adoitan estar escritas desde a óptica do que redacta, iso nunca o ocultei. Tampouco oculto a miña simpatía polas propostas da corrente “renovadora”, incluída a das listas abertas.
Agradezo os vosos comentarios. Saúdos
As listas abertas permiten que, unha opción cunha lixeirísima vantaxa eleitoral (vamos, moitísimo máis lixeira quie a que a ApU lle sacou á suma +Gz-EI) cope TODOS os postos en disputa. É o primeiro paso para a irrelevancia do eleitor (ou votas á poción gañadora ou a túa participación non vale para nada, non permite nin obter representación) e á política do pantalleo, de quenllas, de sobresaír populistamente mesmo á conta do propio equipo.
Así, con listas abertas, o PP obtén TODOS os senadores galegos eleitos dende hai tempo, mesmo cando quedaba ben lonxe do 50% dos votos válidos. Iso non é renovar, é un suicidio para a esquerda.
Manolo, respecto que non che guste a idea das listas abertas. A min en principio paréceme moi interesante e hai varias variantes que se poderían aplicar dependendo do proceso. Sen entrar en eleccións internas dos partidos, eu estaría moi a favor de instaurar listas abertas nas eleccións municipais, onde os cidadáns en cidades de tamaño medio-pequeno se coñecen moi ben e daría liberdade aos electores para poder amosar preferencias por candidatos de diferentes listas.
Pero o que afirmas dos resultados do Senado non é certo. Primeiro, o PP non obtén todos os senadores, senón todos menos un por provincia (que leva o PSOE). E sabes por que é? Non é polo sistema de elección (os candidatos con máis votos levan o asento) senón polo reducido número de senadores en xogo en cada provincia, 4.
Por exemplo, nestas últimas Xerais en Pontevedra o PP sacou 3 senadores e o PSOE 1. Só había 4 para elixir. A primeira candidata do BNG en número de votos (Iria Aboi) quedou en sétima posición, é dicir, que faría falta que houbera 7 postos para que o Bloque conseguira escano.
No caso do Congreso, había precisamente 7 escanos en xogo en Pontevedra e o BNG fíxose cun deles, concretamente co último. Igual que tería acontecido no Senado se se repartiran 7 independentemente do sistema de elección empregado.
E esta inxustiza radica principalmente na circuscrición, se é demasiado pequena os escanos en xogo son pouco e os principais partidos quedan con eles. Iso acontece tamén no Congreso (sen listas abertas), onde en provincias con 2 ou 3 escanos só sacan representación PP e PSOE porque é imposible que unha terceira forza poida conseguilos.
Certo é que expresei mal: en efecto o PP non consigue todos os senadores eleitos, senón todos os que o cidadán pode marcar (3), pero ao que ía, cun resultado moi desproporcionado coa porcentaxe de voto. En cantidade e calidade, o sistema de listas abertas é o que máis dilúe a participación cidadá. Claro está que peor é cantos menos postos haxa en liza, pero é un sistema inxusto en si mesmo. E aplicalo ás eleicións municipais supón facer unha caixa de grilos na posterior xestión.
A ver por partes, se me deixades intervir neste interesante debate que tedes arredor desta nova, que eu considero bastante axustada e obxectiva:
1º decirlle a Ana que eu si creo que senon a mais, esta foi das mais importantes dende a fundación do BNG (seguramente xunto coa do Carballiño). Primeiro pola alta participación ao ser de novo asemblea (algo que por certo sempre defendemos os do EI e tamén o MGS) e segundo porque se chegaba aqui logo de perder moitisimo apoio social en todas as eleicións e coas posicións de partida mais enfrontadas dos ultimos anos. Negar a situación Extraordinaria desta asemblea e non querer ver como están as cousas internamente.
2º Non se pode negar tampouco que o MGS nas súas intervencións mostrou apoio, senon explicito, si implicito a APU e ao seu candidato a portavoz Guillerme, cousa por outra parte lexitima, o que non entendo e por que esa mania de negalo. Todos os que estivemos na asemblea puidemos comprobalo (a parte de ver a intervención última de Rafa Villar totalmente fora de lugar e despreciativa cos membros da outra candidatura).
3º Con respecto ao que opina Manolo de candidaturas continuistas ou renovadoras, pode ter certa razon na “nomenclatura”, pero o que é indubidable e que a candidatura da APU defendia sen fisuras que a liña e práctica política debe seguir a ser a que se fixo nos ultimos dous anos (curiosamente criticando incluso as decisións anteriores que eles mesmos apoiaran entusiastamente como a participación no goberno galego), e por suposto, coa mesma xente…. E pola contra a Candidatura de EI e +Galiza defendeu que se teñen desandado e perdido moitos dos principios fundacionais do BNG e que era preciso unha nova releitura da frente. Continuidade ou renovación son simplificar moito as palabras, tamén poderiamos decir rexeneración.
4º O mesmo para a proposta de listas abertas. Se un lee atentamente o texto conxunto presentado pola candidatura non figura nada de que os postos da executiva sexan só para a candidatura gañadora, nin de listas abertas?????. Hai cousas que si figuraban no voto particular de +Galiza, pero que tiveron que renunciar a elas ao non aceptalas o Encontro Irmandiño…. O que si se propon e abrir a eleición de candidato a presidencia da xunta ao estilo do que fixo o PS frances. E unha proposta coa que se pode estar ou non dacordo, pero penso que ben regulada, pode significar un pulo e impulso social do candidato (seria loxicamente aberto aos simpatizantes, non demagoxicamente como se decia na asemblea que os votantes do PP serian os que escolleran o candidato). A min de todos xeitos, estou dacordo con Manolo, non me gustan as listas abertas nos que en vez de primar as ideas e o colectivo, ao final gaña o mais guapo….
5º Respecto ao comentario de Chon. De que gañara o BNG…. De que si gañara Beiras, … En fin. Eu estou dacordo no da asamblea altamente participativa e moi ben organizada. Para min o problema ben da traxectoria que desemboca nesta asemblea, como di Oscar, cun choque de trens. Hai persoas que criticaron as declaracións públicas, pero eu preguntome se criticar eso non é como “matar ao mensaxeiro”. Non se podia pretender unha procesión dos caladiños, cando dende fai tempo, especialmente dende as municipais, viñanse notando enormes problemas de convivencia interna (seria poñer a venda diante dos ollos).
De quen é a culpa, cada un dira que do outro, a cuestión e que o BNG orixinalmente configurouse como unha fronte na que tiñan cabida, en pe de igualdade todos os militantes, e que acollia distintas culturas políticas e organizativas, e que facia política interclasista. Para lograr eso sempre se actúaba con xenerosidade, creando espazos para a convivencia e flexibilizando posicionamentos para o consenso. Que pasou neste proceso, para min, que foise a gañar, non a empatar, a gañar, coas teses e coas listas, e para eso non se dubidou en
impedir dun xeito pouco elegante que outras teses chegasen ao plenario, como tampouco se dubidou en facer campaña de desprestixio do contrario entre a militancia (decindo cousas tan absurdas como que unha parte do BNG, por certo na que eu non acredito, erán uns simples autonomistas). E como o asunto era gañar, pois tampouco houbo xeito de ter un documento duns mínimos de consenso.
CONCLUSIÓN: Da asemblea “mais democratica” da historia do BNG sae un documento que so é elaborado e suscrito por unha parte un pouco mais grande do 50%, e que implica que unha grande parte do BNG se situe fora da fronte agora mesmo ao non verse recoñecido para nada nese documento (por outra parte, na miña opinión, un documento que non ter vertente práctica ningunha, de feito na súa entrevista na TVG do día seguinte da asemblea veriades que Jorquera ten que facer malabarismos para non desdecirse do documento aprobado)
Da asemblea mais participativa do BNG quedan as escenas de silbidos e apupos a persoas como XM Beiras, que manda carallo na habana co respecto que logo predicamos cos compañeiros, e sae unha dirección máis copada que nunca por un mesmo grupo que non tivo a visión xenerosa de ceder espazos de convivencia.
Imaxino que xa sabedes quen son, igual que vos levo moitos anos traballando duro polo BNG, pero sobre todo por Galiza, e por primeira vez, dende fai uns meses teño comigo un malestar que me corroe ao ver como moitas das actitudes que eu critico na sociedade se están a reproducir dentro da organización que quero.
Perdoade o toston, pero non puiden evitar o expresar a miña opinión, xa non quedan moitos sitios nos que topar un debate sano como aqui….
boas noites a todos.
Vou respostar, principalmente por alusións, a algún dos puntos que puxeches:
1. Creo que no meu primeiro comentario expliqueime mal, o meu ton puido parecer demasiado belixerante. Non quería decir que esta Asemblea non fora das máis importantes da historia do BNG, senón que non a vexo como a Asemblea decisiva da que tanto se falou, máis ben un paso máis no caminho cara a un novo BNG.
2. Podo negar, e de feito vouno a facer outra vez, que o MGS apoiáse a APU nas súas intervencións na Asemblea; coa excepción da última intervención de Rafa (da cal quero aclarar que foi escrita por toda a coordinadora do MGS e non só por Rafa, que tivo a sorte ou a desgracia de saír alí a representarnos, e polo cal leva unha semana sendo o blanco de moitos insultos totalmente innecesarios), na cal decidímos dar o noso apoio ao candidato de APU porque nos parecía que as nosas ideas políticas se achegaban máis ás de APU que ás ideas de consenso de +G e EI.
Podo negar este apoio porque o MGS enmendou os textos de APU, co cal tinhamos moitas discrepancias, e podo negalo porque o que defendemos alí eran as nosas ideas, non fomos a apoiar a ninguén (cousa que sería totalmente absurda xa que levabamos lista propia). O que si que non vou a negar é que os textos do MGS eran moito máis próximos aos de APU que aos do Novo proxecto común, iso é evidente; pero se toda a xente que foi a votar exclusivamente a súa enmenda á totalidade se quedara a escoitar as enmendas dos demais no canto de levantarse e irse, ao melhor podería facer esta diferenciación.
O que si me parece fora de lugar é o teu comentario sobre Rafa Vilar. O que dixo exactamente na súa intervención foi “Así, desde o MGS valoramos os dous compañeiros que se presentaban á Portavocía Nacional, mais pensamos que a recente actuación pública de deslexitimación do BNG por parte do compañeiro Xosé Manuel Beiras non está á altura do seu contributo histórico”. Eu entendo que a xente pode estar de acordo ou non co que dixemos dende o MGS, pero gustaríame que me explicaras onte isto é “totalmente fora de lugar e despreciativa cos membros da outra candidatura”. Fora de lugar? A Asemblea Nacional creo que é un lugar idóneo para comentar as nosas impresións sobre as persoas que se presentan a portavoz nacional, de feito non creo que haxa un sitio melhor. E se pensas que isto é despreciativo non sei como calificarías ao que se falou nas Crónicas preasembleares do EI sobre o MGS, iso si é despreciativo; este comentario en ningún momento di nada insultante nin desprecia o trabalho de Beiras.
3. Penso que a linha política e práctica que defendeu APU nesta Asemblea conleva un importante xiro á esquerda (que a uns lhe gustará máis e a outro menos) e unha clara diferenciación dos partidos convencionais coma o PSOE ou o PP; pero bueno, realmente non espero que se vaia a ponher moito pola parte da UPG para cumplir isto. Pero que o ponhan nos seus textos, independentemente de que o vaian a levar á práctica ou non, xa é un cambio.
5. Estou totalmente de acordo en que había moitas críticas que facer, pero non se trata de matar ao mensaxeiro, senón de facelo polas vías acaídas; non creo que os propios militantes do BNG deban dar os seus debates na Voz de Galicia senón no seo interno da fronte. Dende logo darlhe carnaza aos medios de dereitas só pode ser perxudicial para todos, aínda que parece ser que o que pase no BNG a partir de agora non vai a ser do interese da xente que fixo isto.
Estou de acordo co que dis sobre os espazos, aínda que creo que si os temos (outra cousa é que nos fagan caso ou non, pero están ahí). Tamén suponho que te estás referindo ao procedemento das comisións como criba antes do plenario, no cal tamén concordo.
En canto á túa conclusión, ese case 50% de xente que non acredita nas teses debería darse conta de que o Novo proxecto común só presentou unha única enmenda á totalidade, non vexo entón a que ven a protesta ás teses que nin sequera tentáchedes enmendar.
Por último pido perdón eu tamén pola extensión e subscribo o teu comentario sobre que é moi raro atopar estes días un sitio onde o debate que se está a dar sexa sano.
Un saúdo.