Unha moción do grupo nacionalista (podes lela íntegra) do Concello pon de manifesto que no mes de Febreiro tivo lugar no Concello de Cambados un “grave suceso” que puido ter desembocado incluso en denuncia perante o Xulgado. Este hipotético altercado tería ocorrido entre a Secretaria en funcións do Concello e a funcionaria de obras e servizos.
A moción que rexistrou o voceiro do BNG, Víctor Caamaño, pregunta ao goberno local se ten coñecemento dos feitos, se existen testemuñas do acontecido, se o Concello se presentará no Xulgado en caso de existir esa denuncia, se se abriu algún expediente disciplinario, se houbo lesións como consecuencia do incidente e cales son as medidas que pensa tomar o Concello para que estes feitos non se repitan.
Tralas malas novas que nos deixaron os últimos meses en relación aos medios de comunicación en galego, ultimamente todo semellan boas novas. Se nas pasadas semanas dabamos a boa nova da chegada de Praza Pública (que xa podes visitar e que non para de medrar), agora é o turno de Dioivo, un medio dixital e en galego. Dioivo é creado por un grupo de xornalistas, maioritariamente parados polo procesos de peche de diario galegos vividos até o de agora. Anúnciase independente e con diversidade de de formatos (entrevista, crónica, vídeo, opinión…). De momento podes visitar a súa páxina de presentación, Dioivo.eu, e ver un vídeo no que introducen ao futuro lector no novo medio. Moita sorte tamén a Dioivo!
O ex deputado Francisco Trigo Durán concedeu unha entrevista a La Voz de Arousa que foi publicada no día de onte e na que dá a súa opinión sobre o sucedido no Bloque Nacionalista Galego nas últimas semanas. Trigo xa renunciou oficialmente a militar nesta organización, á que pertencía desde hai décadas, logo de que o Encontro Irmandiño de Xosé Manuel Beiras decidira abandonar o BNG. Seguir lendo
O voceiro do Bloque Nacionalista Galego de Cambados, Víctor Caamaño, solicitou ao alcalde que se dea resposta a tres preguntas realizadas nos meses de Outubro, Novembro e Nadal do pasado ano. A primeira facía referencia ao asesor xurídico do Concello, a segunda á redución de axudas do Plan Concertado da Xunta de Galicia e a terceira referíase ás actuacións musicais e outros eventos da Festa do Albariño. Seguir lendo
Recibimos na caixa de entrada de cambadostk@gmail.com dúas fotos desta mesma mañá nas que se poden observar rapaces limpando o chan dunha rúa cambadesa que estaba suxa tralos típicos combates de Entroido con ovos como munición. Seguir lendo
O líder nacionalista Xosé Manuel Beiras compareceu a semana pasada no Canal Rías Baixas (TeleSalnés) para atender ás preguntas do programa Pleno Aberto. A maioría delas centráronse na saída do Encontro Irmandiño do BNG logo da asemblea que esta corrente celebrou a semana pasada. Beiras dixo que para unha parte importante do Encontro esta fora unha situación difícil, posto que moitos dos militantes que marchan participaron no BNG desde a súa fundación, pero que era imprescindible porque a rexeneración da fronte non era posible. Agora queren sumar forzas con outras organizacións tanto de dentro como de fora do Bloque para crear un “novo proxecto común”. Seguir lendo
O diario Faro de Vigo publica hoxe na súa edición de Arousa que o Concello xa da por feito este acordo, mediante o cal a Academia de Belas Artes celebrará unha reunión anual de xeito estable na nosa vila. Este acercamento produciuse trala celebración dos actos da Academia en Cambados para homenaxear a Asorey e logo de que Manolo Paz fixese o seu ingreso no ente. O acordo podería incluir a celebración dalgunha exposición no Pazo de Torrado. Máis información en Faro de Vigo.
Os militantes do PSOE de Cambados elixiron onte os seus delegados para participar no Congreso Nacional que elixirá entre outras cousas o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE. Este cargo ocúpao agora mesmo Pachi Vázquez, non sen contestación (onte era Vigo quen suspendía en Asemblea o seu labor á fronte do partido) e volverá a aspirar a ostentalo, mentres existe unha alternativa aínda sen nomes propios.
Desde Cambados acudirán a esta cita o Secretario de Organización local e portavoz, Rafael Blanco, e o Secretario Xeral das Xuventudes, Ismael Agra, en representación dos seus compañeiros de filas.
Tivo onte lugar a asemblea comarcal da fronte nacionalista. Nesta ocasión foi só unha a candidatura presentada para o órgano, xa que o Encontro Irmandiño abandounou a formación recentemente e Máis Galiza (a outra corrente “crítica) renunciou a dar a batalla a falta dos compañeiros que deixaron o Bloque (na anterior asemblea presentaran candidatura conxunta). Seguir lendo
Recibimos un correo dun lector cunha fotografía da barandilla do Paseo Marítimo á altura do peirao en T de Cambados. Como se pode ver nela, unha das varas superiores non está no seu sitio. O lector relata: “un amigo estaba apoiado nela e como estaba podre caeu abaixo, o ferro”. Afortunadamente o asunto quedou nunha anécdota xa que “grazas a Deus non caeu el”, pero non deixa de ser un feito de gravidade e que podería derivar nun accidente importante. Seguir lendo