Se hai algo que queda claro ao observar os resultados da Mini Enquisa (preme aquí para velos íntegros) aberta a semana pasada en Cambados(tk) sobre o futuro de Exposalnés, é que a diversidade de opinións é moi importante. Certo é que unha aplastante maioría dos lectores participantes (máis do 80%) consideran que se o Concello se fai coa sede da antiga Fundación Comarcal, os usos das instalacións deberán cambiar. Se queres, podes premer en
Pero ao respostar máis concretamente hai moitas diferenzas. A opción de converter Exposalnés nun centro social é a máis votada cun 21%, pero a moi pouca distancia colócanse as opcións culturais (podíase elixir entre Fundación Asorey, Cabanillas e Seminario de Estudos do Salnés) que xuntas serían a opción preferida ao sumar a metade dos votos. Os usos administrativos son os menos desexados por vós para que copen no futuro Exposalnés.
Pero o máis interesante, como sempre, vén da man dos comentarios abertos. Ao ser as opcións da primeira pregunta limitadas, as ideas plantexadas polos lectores son diversas. Algúns falan de habilitar locais de ensaio para xóvenes, outros ceder espazos para o mundo da cultura. Moitos coinciden en que “non interveñan os políticos” no seu futuro uso. Algún quéixase do pasado do edificio, da súa compra e o xeito no que foi usado. Outros critican que se baralle a idea de destinar as instalacións para máis museos, aínda que tamén hai quen defende esta idea. Fálase ademais de ceder espazos a xóvenes emprendedores para que poidan comezar a desenvolver a súa idea empresarial. Hai respostas moi detalladas, en todo caso, que merece a pena ler.
Conversa
Aínda non hai comentarios.