//
estás a ler...
., Cambados

A loita do Refuxio polas instalacións comarcais entra na recta final


O Refuxio de Animais de Cambados entra na fase final de recollida de sinaturas para defender a concesión das instalacións comarcais que finalmente serán outorgadas pola Deputación de Pontevedra.

Aínda que o Refuxio fora a única entidade solicitante cando a Mancomunidade abriu o concurso, foi logo a entidade provincial a que se fixo cargo do mesmo e agora a asociación cambadesa compite cunha empresa privada (Tragsa) pola concesión. Na rede a campaña que están a facer os de Cambados é intensa, insistindo en que o seu plan é viábel e merecen a concesión pola traxectoria da canceira en Cambados ademais de polo feito de teren sido os únicos presentados ao concurso orixinal. Eles acusan ademais ás empresas privadas de non ter en conta o benestar dos animais e incluso afirmaron que de concederse a canceira a Tragsa, esta podería convertirse nun “centro de exterminio”.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Febreiro 2012
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: