//
estás a ler...
., Galiza

O Encontro Irmandiño deixa o BNG


Un dos partidos integrados na fronte nacionalista, o Encontro Irmandiño liderado por Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega (alcalde de Teo), vén de celebrar a súa Asemblea Nacional onte en Compostela. Nese cónclave, os irmandiños decidiron por aclamación (sen necesidade de votar) que é inverosímil a rexeneración do Bloque como casa común das xentes nacionalistas, e polo tanto renunciar a militar nel. Ademais, ponse en marcha un proceso para a creación dunha nova forza política aglutinadora dunha “parte da base do BNG, outros grupos, moitas persoas independentes e moitas cidadás e cidadáns que foron alonxándose do BNG nos últimos tempos”.

No Encontro teñen claro que a unidade do nacionalismo é vital, pero que nestes momentos non pode darse dentro do BNG. Ademais, sinalan que as enerxías do nacionalismo empregaranse contra “as políticas antisociais e antigalegas do PP”, e non en liortas entre nacionalistas. Neste sentido,  tentarase manter a cohesión dos grupos nacionalistas presentes nas institucións na medida do posible (por exemplo, en gobernos municipais nos que participa o BNG).

MÁIS GALIZA CELEBRA ASEMBLEA O 11 DE MARZO

Na Asemblea participaron entre 500 e 700 persoas, tratábase dunha reunión aberta na que participaron tamén membros doutras correntes. Ademais, para a clausura acudiron representantes doutras sensibilidades, como a ex conselleira Teresa Táboas (que hai poucos días renunciou ao escano do BNG no Parlamento) e Carlos Aymerich (que tamén vén de renunciar a portavocía parlamentar do Bloque), os cales recibiron unha longa ovación dos participantes. A próxima cita importante é a da corrente Máis Galiza, que lidera o propio Aymerich, e que o 11 de Marzo decidirá se emprende a vía dos irmandiños e abandona tamén a fronte nacionalista creada en 1982 para sumarse a este novo proxecto político.

O ENCONTRO IRMANDIÑO NO SALNÉS

Na comarca do Salnés, o Encontro Irmandiño ten como principal valedor ao ex portavoz do BNG en Ribadumia, Ramón Mouriño. Ademais, tamén son representantes do Encontro Xosé Manuel Domínguez (O Grove), ou o noso conveciño Francisco Trigo, que fora deputado no Parlamento Galego até 2005. Na Asemblea irmandiña de onte interviu tamén Nando Casal, candidato dúas veces á alcaldía de Catoira. É unha incógnita, porén, o número de militantes ou simpatizantes do BNG da comarca que causarán baixa nos próximos días trala decisión do partido de Xosé Manuel Beiras de abandoar a fronte. Porén, en Cambados non parece a priori que vaia haber problemas no seo do grupo municipal posto que ningún dos tres concelleiros é membro do Encontro.

Relacionados

Democráticos erros – Artigo sobre o resultado da AN do Bloque

Montse Prado seguirá formando parte da dirección do BNG 

Advertisements

Conversa

9 thoughts on “O Encontro Irmandiño deixa o BNG

  1. Podeme explicar alguen con algo de criterio porque a unidade do nacionalismo non se pode dar dentro do BNG? Pero razonando nada de por qusi que xa estou algo cando desa resposta.

    Posted by chon | 13/02/2012, 5:38 pm
    • Amigo Chon: a UPG SON FANÁTICOS, e coma espresas, non razonan. Seguen con teses propias do Stalinismo e falando en Portugués . Seguen coa súa dialectica proletaria anos XX, e teñen un sentimento de rencor e desprezo hacia os Galegos que sendo nacionalistas, non comulgan coas súas teses. Non saúdan, non respetan, fan unha Asamblea “controlada” e na que se mencionan coma adalides da defensa de Galiza ( a súa). Os que non os votan é porque son burros …non teñen cercanía coa cidadanía, utlizan comportamentos sectarios e demonizan a Beiras. Isto parece o cadro de Francisco de Goya: “o BNG comendo aos seus fillos”, fan de Neptuno Vázquez e Jorquera. Eu son unha persona independente pero respetuosa, penso que non se pode impoñer as ideas nen o idioma, eu sen ir máis lonxe son castelán falante, e falo as dúas línguas. O resto cho contesto no libro: se alguén se sinte aludido que se defenda, esto é un espazo de debate, pero deso tampouco queren.

      Unión do pobo galego (wikipedia):
      Consta de una apasionada e incondicional adhesión a una causa, un entusiasmo desmedido y monomanía persistente hacia determinados temas, de modo obstinado, algunas veces indiscriminado y violento.

      El fanatismo puede referirse a cualquier creencia afín a una persona o grupo. En casos extremos en los cuales el fanatismo supera la racionalidad, puede llegar a extremos peligrosos, como matar a seres humanos o encarcelarlos, y puede incluir como síntoma el deseo incondicional de imponer una creencia, considerada buena para el fanático o para un grupo de los mismos.

      Posted by oscarman | 13/02/2012, 7:54 pm
      • Oscarman, como xa puxen no blog de Chon eu só coñezo o Bloque dende fóra así que non podo opinar moito. Pero si debo dicir que se ti eres respetuoso eu son… a madre Teresa de Calcuta. Non sei a quen coñecerás tí da UPG pero os que coñezo eu non son así e digo esto sen querer tomar partido por ninguén porque ainda non me estou enterando ben de que vai esto, porén si coñezo a algún membro do EI de Cambados que si entraría nas túas definicións, en fin que hai de todo na “viña del señor”. Por certo sería Saturno Vázquez, non Neptuno. Saúdos.

        Posted by maribel | 13/02/2012, 9:03 pm
      • Saturno, é certo Maribel: e que estou estudando os Planetas coa miña filla de 8 aniños para o Cole, e xa se sabe, as mulleres o mellorades todo. En que non son respetuoso, dimo, haber: ¿En que poño os puntos sobre as íes? Pos o fago porque me consta que a pedagoxía, coma a que fas tí, é necesaria. E tamén me trabuco coma con Goya, e o mellor a xente da UPG non son fanáticos, tamén son membros dunha ONG, amigos das baleas, ou socios de Greenpeace, neste caso digo eu do Colectivo Ecoloxista do Salnés. Pero se enfurecen e non entenden o que é a tolerancia, baixo o meu punto de vista, non hai nada máis que escoitar o que escreben e as formas que se gastan, coma a xente do Opus Dei, son “numerarios” e non fan nada mal, tanto ten que dirixan o BNG coma burócratas, tanto ten que non se relacionen excepto cos da súa casta, e non digamos as insidias que soltan de Beiras …. desagradecidos tamén. Volto a repetir que isto é unha opinión persoal, e estou exerzendo o meu dereito á liberdade de espresión. Esto é un sentir popular, hai un divorcio do BNG coa sociedade e non hai autocrítica de ningún tipo, nen se adopta ningunha medida para tentar chegar a una abanico máis grande da sociedade, vós mesmos, o mellor a culpa a teño eu.
        Saúdos.-

        Posted by oscarman | 13/02/2012, 10:01 pm
  2. O que eu pretendía dicir Oscarman é que non se pode xeneralizar, supoño que na UPG haberá xente dogmática pero seguro que a hai tamén nas outras correntes. Eu fai uns meses era das que tamén pensaba que o BNG debería renovarse pero agora que vexo o camiño que están tomando as cousas non me gusta. Non creo que se poida falar de renovación se Beiras lidera o proceso, non me parece ben que se estén “despellejando” uns aos outros e anque o marxismo está moi desprestixiado, coa que está caíndo igual a dialéctica proletaria da que ti falas volve a ter sentido. En fin que as cousas son máis complicadas do que parecen e creo que nos enfrontamentos entre os nacionalistas quen perde sempre é Galicia.

    PD. perdón por ir un pouco de listilla, é deformación profesional, pásome a vida corrixindo aos meus alumn@s.

    Posted by maribel | 13/02/2012, 11:45 pm
  3. MARIBEL o que non estiven atinado fun eu, perdóame. Porque coma refires con bó criterio cando un xeneraliza, compre indicalo, e non o fixen. Agora vou tentar facelo ben: a xente da UPG gañaron unha Asamblea con todas as la lei, é de demócratas aceptalo. Segundo: a min que me comente Chon que se “abandona” o barco non é certo, eu podo deixar de ser simpatizante da UPG ou de quen seña, e irme para a miña casa sen dar explicacións a naide. A Asamablea a gañaron porque na meirande parte son liberados da CIGA e teñen de MARXISTAS o que ten Belén Esteban. Están baixo nómina, coas horas sinaladas pola Lei coma liberadados sindicais, e defenden os seus intereses. É moi doado ser independente coma Chon cando un leva un paraugas onde cobrirse. Os que non temos nadiña, a pesares diso, facemos unha oposición frontal ao PP (o noso rival verdadeiro, non a lea entre compañeiros que é o BNG) e desgasta moito, para que despós te sinalen de que eres pouco respetuoso e non sei que máis. Así coma Cambados é un territorio da dereita e moito do que posúe é grazas a unha oposición que se leva facendo perante 24 anos con xente preparada que forma parte da UPG, de xeito civilizado, nada que ver cos acenos do caciquismo atroz co que goberna a dereita, cando me falan de ideas a nivel xeopolítico, pos NON, pero cando ollamos comportamento sectarios na xente que a título particular aprezamos, estamos na obriga de decilo. Sempre confiei máis nos amigos que me critican e xulgan, que os que me adulan, sempre adeprendín máis dos primeiros, porque son os realmente nobles e non se calan as cousas.
    Bicos Maribel.

    Posted by oscarman | 14/02/2012, 12:29 pm
  4. Coincido en boa medida con Maribel, pódese estar máis ou menos a favor das decisións e liñas que se toman no BNG, pero deben expresarse como debe ser e propor alternativas, o cainismo dos últimos tempos non ten sentido. Por favor, menos soniquetes e tópicos: que se o control do aparello, que se o marxismo… Decisións concretas do BNG de Cambados ou do Salnés que sexan un grave erro ou ofensa aos principios do nacionalismo, etc. Algo que dicir? Nada? Ninguén está errado ou acertado ao 100%, deixemos o maniqueísmo.

    O que si hai, de sobra, é moito personalismo, e non só por parte de Beiras, quen moitos admiramos e defendemos dende hai moito, e asistimos con estupor á súa colaboración na dinamitación do nacionalismo. E xa está ben de tanta saña contra a UPG, no BNG queda moito máis que os membros da UPG, por moito que se queira facer ver o contrario.

    Posted by manoloventos_ | 14/02/2012, 4:21 pm
    • A) O BNG ten 8.000 afiliados, dos que só 400 pertencen ao Encontro Irmandiño, que xa non están;

      B) Máis Galiza sí ten unha representación importante, e o seu colectivo xuvenil está en desacordo coas políticas empregadas que non fan máis que perder votantes sen freo neste século XXI: coma teñen varias Alcadías, Guillerme Vázquez refire que “si vos vades, entregade as actas”. Eso é unha ameaza velada polo que poda pasar no seu Congreso en Vigo no mes de Marzo;

      C) Os que menciono no primeiro parágrafo, Catedráticos de Universidade na meirande parte, espresan que o BNG ten un divorcio coa sociedade patente en cada cónclave eleitoral, o único no que gañan e na Asamblea: moitos de nós abandonamos coma simpatizantes o BNG porque queremos, ninguén nos obriga a aceitar un xeito de facelas cousas que choca frontalmente coa realidade. Admiro a título particular a xente da UPG, porque hai excepcións coma con bó criterio lembroume Maribel: Miguel Anxo Fernández Lores é un deles. Por coma xestiona a súa cidade, e polo seu talante demócrata, cívico e dunha profunda humanidade en todo o que fai.

      Ben, escoitei a súa intervención en Cambados con interese, porque é un home no que poder confiar, sumamente respetuoso, e gravei dúas sentenzas. A primeira que o do Independentismo era unha teima que xa estaba superada, que non era a cuestión que agora compre arranxar, as teses soberanistas van despós dos problemas reais da xente, que son o Paro (Aragunde segue batendo records en Cambados) e a Economía (o PSOE e o PP fixeron e fan unha xestión nefasta). A SEGUNDA (coa que discrepo) tentouse un xiro ao centro e non resultou: ahí non estou dacordo en absoluto. Non, porque hai unha gran parte do eleitorado que é Nacionalista e non está na extrema esquerda coma estades vós, que se quedaron na casa ou se abstiveron, e que antes votaban BNG, e grazas (en parte) a eles acadouse o Goberno de moitas cidades.

      D) Non hai visos de que troquedes de “canal”, seguides emitindo en FM, aquí no Salnés se escoita ben, e en Pontevedra, pero a pouco que fagas un quilómetros distorsionase. Por iso tedes a Ourense, A Coruña e Lugo fora de cobertura.

      E) Hai espazo para outro partido NACIONALISTA e de esquerdas, que poda abranguer outras sensibilidades, coma a xente que está no centro, ou é moderada e está desencantada co PSOE, é factible.

      F) Esto é unha ferida, e cando algo así acontece, hai que pechala canto antes: agora ben, ata chegado Marzo e o Congreso de MG non saberemos que profundidade ten, pero as primeiras análises indican que é unha hemorraxia sen freno. Vázquez o sabe : “enrocase” coma no xadrez, pero sabemos onde está.

      Saúdos, eu escollo a espiritualidade, non a natureza ( EL ÁRBOL DE LA VIDA, TERRENCE MALICK)

      Posted by oscarman | 15/02/2012, 12:29 pm
      • Xosé Manuel Beiras onte en reportaxe / entrevista no Faro de Vigo: “perdemos 200.000 votos nos últimos doce anos”, “o BNG non é alternativa de Goberno”, “hai que chegar a un espectro da sociedade coma os do 15-M, os ecoloxistas, a mocidade, e poñer énfase no idioma e na educación”, ” pediuse unha saída do BNG tranquila e consensuada, en Santiago Vázquez dixo sí, e nos medios de comunicación di que NON, típico dalgúns membros da UPG”, “dubido moito, di Beiras, que Máis Galiza quede no BNG, algunha corrente pode ser”, “FAREMOS UN NOVO PARTIDO ANTES DAS ELEICIÓNS que superará tódolos votantes perdidos polo BNG e ampliarianos con creces”, “O diálogo coa executiva cando estabamos dentro era imposible, non había diálogo, nen tolerancia” (….)

        Maxistral Beiras, non se pode relatar as cousas con máis claridade. Levámolo decindo meses e meses … e o acusan de “dinamitar” o BNG, pero un pouco de senso. Hai un divorcio coa sociedade e non evolucionan, non trocan de argumentos, dan a calada por resposta, fan o ridículo na Universidade “reventando” unha homenaxe a Fraga, refiren ser MARXISTAS, cando levan na meirande parte un tren de vida que xa querrían moitos, ARGUMENTAN algúns que na Asamblea todo o organizaron eles, que despós chegaban “duchaditos” e que non fixeran nada os de MG e EI ….. bufff, que se Beiras é a muller non pagaban as cuotas, que no 1985 Beiras era Marxista (xa choveu), que está tolo, senil, vello e que xa non vale, que a loita de clases …. obreira, sí, pero de clases??? cales, a que non teñen ELES pola soberbia que se gastan.
        Saúdos, e grazas Beiras por lembrarnos que outra Política é posible.

        Posted by oscarman | 17/02/2012, 1:25 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Febreiro 2012
L M M X V S D
« Xan   Mar »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: