//
estás a ler...
., Artigos de opinión, global

Máis tristeza que hai vinte anos


Hai vinte anos vivíamos un momento de desnorte, non sabíamos por que os xóvenes roubaban, que facer co narcotráfico, non sabíamos onde acudir e chamábannos as tolas. Así ata que chegamos á Audiencia Nacional e un xuíz escoitounos e púxose a traballar. Levoulle un ano a instrución da Operación Nécora, pero o 12 de xuño de 1990 foi a gran redada. Recordo que había medo e ameazas, eu fun unha das avisadas, pero a partir desa data entrounos un sentimento de felicidade. E quen o fixo? Un tal Baltasar Garzón, un xuíz que non desacertou en nada, e todos o sabemos. Nin cando foi a Nécora nin cando máis tarde, xa dedicado á política, prometeunos que se lle incautarían os bens aos narcotraficantes, e o fixo, xunto coa lei de blanqueo que aínda se aplica hoxe en día. De feito, eu sentime orfa cando deixou a política.

Garzón en Cambados é sinónimo de xustiza, e agora de tristeza, porque pasados case 22 anos, despois de todo o terreo gañado e todo o que se aprendeu, sentimos de novo o desnorte e a desolación, indefensos e desprotexidos.

Eu estiven no proceso, e sentín vergoña no Tribunal Supremo. Escoitei aos acusadores e respondían a un tipo de sociedade que non mira máis que polo enriquecemento rápido; e logo escoiteino a el e a súa argumentación estaba baseada nunha denuncia e avalada por unha lexislación, o mesmo que o que logo declararon as testemuñas, os policías e os fiscais. Cando acabou pensamos que era impresionante, pero ao saír, xente coñecedora do tribunal xa me dixeron: «Te equivocas, Carmen, esto es un teatro y ya está sentenciado y condenado». Non o podía crer.

Agora sinto de novo tristeza, pero máis que hai vinte anos, porque é como volver a empezar pero sabendo o que sei. Eu, que fun profesora, non sería capaz de dicirlle hoxe a un neno que estudiara e traballara para facer un mundo mellor. El traballou para reparar ás vítimas, e hoxe as vítimas somos todos. Tamén el.

Carmen Durán


Este é un texto publicado en La Voz de Arousa do 11 de Febreiro, tomado con permiso da autora do mesmo. Fotografía extraída de La Vanguardia.

Relacionados

O primeiro condenado no caso Gürtel é…Garzón – Praza Pública

Garzón dice adiós a la carrera judicial – El País

Galicia con Garzón [vídeo] – Carmen Durán resposta ás preguntas do xornalista Xurxo Salgado antes do xuízo que o inhabilitou

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Febreiro 2012
L M M X V S D
« Xan   Mar »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: