//
estás a ler...
., Cambados, Galiza

Xoán Allegue seguirá sendo responsábel comarcal do BNG


Tivo onte lugar a asemblea comarcal da fronte nacionalista. Nesta ocasión foi só unha a candidatura presentada para o órgano, xa que o Encontro Irmandiño abandounou a formación recentemente e Máis Galiza (a outra corrente “crítica) renunciou a dar a batalla a falta dos compañeiros que deixaron o Bloque (na anterior asemblea presentaran candidatura conxunta).

Así pois, a candidatura encabezada por Xoán Allegue conseguiu un respaldo moi maioritario, do 93%, e ningún voto en contra. Desde o BNG, sen entrar a valorar a situación interna de xeito directo, si declararon que “Galiza e o Salnés precisan dun BNG activo” para combater as “agresións que estamos a sofrer coa excusa da crise económica”.

Entre as quince persoas que formarán parte na dirección comarcal atópanse tres militantes cambadeses; Montse Prado (que ademais é Secretaria de Organización a nivel nacional), Duarte Correa e Víctor Caamaño, voceiro local. Concorrían como suplentes María Xosé Cacabelos e Adela Leiro, que pechaba a lista.

O proceso asembleario do Bloque remata nos vindeiros días coa formación dos novos Consellos locais e elección dos seus responsábeis. María Xosé Cacabelos ocupa ese posto en Cambados desde a última Asemblea. A nivel nacional, continúa a espera de cara o 11 de Marzo, cando a corrente Máis Galiza decidirá sobre a súa continuidade na Bloque ou a participación do “novo proxecto común” que comezaron xa a artellar os ex militantes do BNG irmandiños.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Febreiro 2012
L M M X V S D
« Xan   Mar »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: