Os militantes do PSOE de Cambados elixiron onte os seus delegados para participar no Congreso Nacional que elixirá entre outras cousas o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE. Este cargo ocúpao agora mesmo Pachi Vázquez, non sen contestación (onte era Vigo quen suspendía en Asemblea o seu labor á fronte do partido) e volverá a aspirar a ostentalo, mentres existe unha alternativa aínda sen nomes propios.
Desde Cambados acudirán a esta cita o Secretario de Organización local e portavoz, Rafael Blanco, e o Secretario Xeral das Xuventudes, Ismael Agra, en representación dos seus compañeiros de filas.