//
estás a ler...
., Cambados, Galiza

Beiras en Tele Salnés: “A Xunta de Feijóo non é un goberno, é unha brigada de demolición”


O líder nacionalista Xosé Manuel Beiras compareceu a semana pasada no Canal Rías Baixas (TeleSalnés) para atender ás preguntas do programa Pleno Aberto. A maioría delas centráronse na saída do Encontro Irmandiño do BNG logo da asemblea que esta corrente celebrou a semana pasada. Beiras dixo que para unha parte importante do Encontro esta fora unha situación difícil, posto que moitos dos militantes que marchan participaron no BNG desde a súa fundación, pero que era imprescindible porque a rexeneración da fronte non era posible. Agora queren sumar forzas con outras organizacións tanto de dentro como de fora do Bloque para crear un “novo proxecto común”.

Sobre a situación da política galega, Beiras amousouse convencido de que Feijóo adiantará as eleccións porque “aquí non se respecta aos cidadáns” e só se pretende “pillar os outros nas patacas” e beneficiarse electoralmente do adianto. Para el, o goberno da Xunta goberna contra os principios do propio Estatuto, “é unha brigada de demolición, non un goberno”, que se dedicou “a destruir o feito”. Segundo el a Xunta actúa atacando a lingua fomentando unha campaña de analfabetización en galego, derrogando o primeiro concurso éolico decente para “darlle os eólicos aos amigos”, entrando “a saco nos montes veciñais” ou facendo reformas que máis ben poderían resumirse en “legalizar a escravitude”. Todos estes problemas poden resolverse segundo o líder histórico se a cidadanía exerce os seus dereitos e liberdades, e se se constrúen novos instrumentos “sen os vicios” dos partidos que agora non lles serven aos cidadáns.

Conversa

12 thoughts on “Beiras en Tele Salnés: “A Xunta de Feijóo non é un goberno, é unha brigada de demolición”

  1. Grazas Óscar Pardo unha vez máis por facernos chegar unha nova mostra do que é o desgoberno de Feijoó. Beiras está no certo: esto é un desmantelamento contínuo dos dereitos dos Galegos e Galegas que reza o Estatuto. Do mar e do agro, da industria naval, do sector servizos, da educación, da sanidade, do idioma …. e que na vida contemplei algo semellante. Quere adiantar Feijoó as eleicións porque está a Oposición rearmándose e teme que chegen a tempo para batirlle en Outubro. Pos vámolo facer, porque a pouco coma di Beiras que pense que ten todo da súa parte, pode levar unha sorpresa coma a que levou Jacques Chirac no ano 1996. A xente está indignada, as movilizacións do domingo o confirman. Eu a título individual estou ledo de que o pobo falara de xeito democrático e cívico, foi unha auténtica leición da que os Políticos teñen que tomar nota … de que non somos parvos e non poden mercarnos coas súas “promesas”, as mesmas que o crápula de Feijoó vendeu para gañar por un só escano, non o esquenzamos. MENTIU decindo que remataba co PARO EN 6 MESES, de que as Políticas de austeridade ían a poñer coto o despilfarro de anteriores Gobernos, que tiña unha idea de Galiza que poría en práctica e que todo sería parabens. ¿Onde están? En ningures: os médicos están cabreados porque teñen que atender os seus pacientes, e os do médico do lado, porque non hai sustitutos. Coa Reforma LABORAL TERÁN QUE IR ENFERMOS A TRABALLAR PARA PODER COBRAR E MANTER A SÚA FAMILIA, pobre do que estea en apuro, que lle vaian preparando o cadaleito. Os mestres facendo 50 traballos e sen poder adicarlle a atención individualizada aos seus alumnos, sen materiais axeitados para levar a cabo as súas funcións. Os Funcionarios en xeral “demonizados” cando non teñen culpa algunha do que acontece: os banqueiros recibindo rescates con cartos públicos e prexubilándose con pensións de escándalo, namentras despiden a empregados e pechan sucursais, e non digamos o que fixeron coas Caixas, de vergoña .. os Autónomos coma se non tiveran bsatante, cosidos a Impostos coma os que ARAGUNDE DIXO NON ÍA TOCAR …. O SECTOR DO MAR PRESO DOS FURTIVOS que asedian a Ría, os LABREGOS cobrando unha limosna polo seu traballo, calquera mantén o gando se total lles van a pagar catro patacóns polo leite … a mocidade presa do desánimo ollando que os que deberán de ser un exemplo para sociedade, os POLÍTICOS que gobernan, tan só lles preocupa manterse no Poder e cobrar os seus “soldazos” a primeiros de mes, namentras a xente está na porta da súa casa cunha man trala outra … e por riba aínda teñen adeptos que os xalean. En pleno Entroido o que levaba o micro o domingo en Cambados estivo maxistral: ” fai uns meses chorábamos de ledicia porque gañou o PP, e agora choramos porque Cambados non ten industria nin ten nadiña, excepto as mariscadoras ” … as de sempre, as mesmas que manipularon para chegar o Poder en Cambados gritaban : “SILENCIO”, “CALA”, pos NON imos calar aínda que levemos de hostias, porque xa unha vez un entra un na enfermería tanto lle ten voltar alí, xa non se pode aturar que éstes cercenen a liberdade de espresión, de que gobernen para os seus, de que fagan unha política sectaria e rastreira que tanto lle ten o que aconteza co que non comulgue co seu Credo …pos haber como salen desta, porque o POBO FALOU, É SABIO, É SABE A QUE TEN QUE VOTAR NAS ELEICIÓNS DE OUTUBRO, e a quen ten que desaloxar de maneira inmediata de Santiago e máis amplo … antes de que convirtan o país en unha nova Irlanda, e teñamos que emigrar coma cando foi a Peste, porque da noxo o que acontece.
    Saúdos, e xa está ben de pelexarnos entre nós: agora compre loitar por Galiza.

    Posted by oscarman | 21/02/2012, 11:56 am
  2. Moi boa entrevista, vexo que Beirás segue lúcido e brillante. A ver que sae de aquí, desexo de corazón que o proceso iniciado serva para multiplicar e non dividir ao nacionalismo, o tempo o dirá. Saúdos.

    Posted by maribel | 21/02/2012, 2:19 pm
  3. En canto a pòlitica en xeral totalmente dacordo co manifestado por Oscarman. Preto da entrevista de Beiras ten as suas luces e as súas sombras.
    Pedonade pero vou ser moi bruto (como casi sempre), e collia a Beiras e a Paco Rodriguez metia os dous nunha habitación hermeticamente pechada, so lle deixaria pasar aire, e non lle abria ata que chegaron a un acordo , nin darlle de comer nin farrapos de gaitas mentras no houbera acordo non haberia saida. Eso si só lle deixaba e un papel e un boligrafo para que sairan co acordo asinado. Somos moitos miles diria eu os que non somos de ningunha tendencia dentro do BNG e o final somos os que pagamos os pratos rotos da teimudez de duas personaxes intelexentes, nacionalistas e de esquerdas pero tercos de carallo. Non é cuestión de botar culpas e cuestión de solucionar un problema , que por certo xa houbo no nacionalismo, ir divididos as urnas. Fun sempre un romántico e un soñador, e sempre soñarei en que o nacinalismo volte a estar xuntos, e seguro que non han pasar moitos anos. O problema seria todo este tempo perdido, e insisto non lle boto as culpas a niguen, as culpas temolas todos, incluidos os ·non adscritos”.

    Posted by chon | 23/02/2012, 6:00 pm
  4. Eu creo que tampouco podemos limitar o problema do BNG a dúas persoas como son Beiras e Paquiño… O problema do BNG (xa non falo das caralladas internas) ven de fóra. Cada vez a imaxe do partido está máis podre, o BNG como partido activo do nacionalismo galego desapareceu… O que queda por facer e un proxecto común e dende 0, un partido que de verdade defenda o que ten que defender e deixarse de paxaradas e malas caras, un partido que fale coa xente na rúa, un partido que non xire caras aos veciños, aquí e en todas partes, un partido no cal participemos todos os que queiramos darlle a Galiza o que se lle debe, un partido nacionalista de verdade.

    Eu sigo tendo a esperanza de que os que siguen tendo o BNG idealizado, se lles vaia indo da cabeza, porque cantos antes sexa antes comezamos a rexurdir.

    Posted by Ramón Nogueira | 25/02/2012, 10:29 pm
    • Totalmente dacordo Ramón: eu en Cambados tk. a título particular din a miña opinión e non gustou nalgúns sectores porque “non son adscrito”… Pero coma cidadán, nacionalista e de esquerdas, o BNG non me transmite nadiña, por iso estou á espera de que saia de todo isto un partido que seña “de todos”, onde todo o mundo teña o seu espazo, e que non estea controlado por burócratas que seguen unha liña marcada e que non admiten reparos á súa xestión. Hoxe na Voz de Galicia PACO TRIGO XA O DI TODO, NON SE PODE TOLERAR que éstes pìdan as actas !!! e que queran sacar a Beiras da Foto: e que non poden, ainda que queiran … o que reflicte que non están no mundo real.
      Saúdos e Forza Beiras.

      Posted by oscarman | 26/02/2012, 4:14 pm
  5. Oscarman perdona a miña intromisión, pero se o Encontro Irmandiño ten como referente o Persebello, apaga e vamonos.
    Coido que a Beiras saleulle mal a xogada, el non queria sair do Bng, levouno fora a borracheira do “Imonos”.
    ,. as portas están abertas para volver o contando cos que somos independentes podemos facer moitas cousas no BNG. ¡¡¡Fora fai un frio de carallo!!!. Camilo Nogueira dixo: Os independentes somos unha forza dentro do BNG que nun par de anos estamos ai, eu estou dacordo con el. Saúde e Terra.

    Posted by chon | 02/03/2012, 1:56 am
    • Non estades Chon: Francisco Trigo foi un exemplo coma Político, fixo unha labor coma Parlamentario brutal, traballou arreo por Galiza, desdoblouse en moitas ocasións e segue sendo social demócrata coma min, non trocou de ideas …Persebello coma o coñecen, sempre tivo unha actuación política e no terreo das ideas consonte coa COHERENCIA, o que non hai no BNG actual. Porén é un home xeneroso, e se non hai tempo para fundar outro partido político comprometeu o seu voto con vós (o BNG)
      Se non o cres COMPARA o que fai Rosa Oubiña no Parlamento: estar sentada e darlle o botón cando hai que votar … tira de hemerotecas Chon e percura todo o traballo feito por Paco, un pouco de respeto … e o que non hai no BNG actual, respeto, por iso se foron.

      Posted by oscarman | 02/03/2012, 2:26 pm
  6. Oscarman , ti non serás Paco Trigo verdade?.
    Exemplo como politico= interesado.
    Social democrata= totalitario
    Coherente= Só en publico.
    Xeneroso = Tacaño (por ser suave).

    Oscarman el nunca respetou o BNG, hai testemuñas cando dixo na sede do local do BNG diante de varios militantes : “Non pararei ata acabar co BNG en Cambados”. Estao intentanto pero de ahi a que o consiga vai un abismo. Antes as reunións no BNG eran un suplicio con este home diante, agora discutese pero con educación. Non me veñas agora a dicir que o Persebello é un santo. Eu non quito o que fixo ben pero se pos nunha balanza o que fixo ben e o que fixo mal inclinarase ate este derradeiro lado. So tiña unha cousa boa o persebello , que era moi bo mitinero, o demais para esquecer.

    Posted by chon | 02/03/2012, 5:50 pm
    • Chon é unha opinión baseada no traballo inxente desenrolado a prol de Galiza. Non o coñezo personalmente, pero coma cidadán me parece un home sensato, é moi visceral, pero supoño que todos temos deso. En nengún intre dixen que fora un Santo, para nada, pero a título particular se facemos unha proxección co que temos agora no BNG, era un superdotado. Hai moita xente que ten peor bagaxe que PACO OCUPANDO POSTOS NO BNG para os que non está cualificados, por saber, nen saben falar, ademáis de empregar a mala educación coma Camilo Nogueira. É un hipócrita coma todo o mundo sabe: escoiteino atónito en V TELEVISIÓN dicindo que os Irmadiños eran uns díscolos, indisciplinados e faltos de coherencia, e a continuación lle preguntan por Beiras, grazas o que estivo en Europa cobrando non sei cantos anos, e di que Beiras non, que el non fala del, pero imos ver: se é a cabeza visible dos Irmadiños, é incrible … Toda avida querendo ser Presidente da Xunta o Nogueira e acaba alternando co culmen da intelectualidade da UPG: DAME PENA, porque non ten discurso algún, eso sí, ten unha cara de Luis Tosar en pantalla, aínda que ninguén o escoita grazas a Deus, a xente non se para con medianías que o único que lles preocupa é estar no poder. Vades ter que facer un esforzo estes 5 meses que restan para as eleicións para mudar de pel, a xente fai un paralelismo: BNG = RADICAL, é moita culpa a tedes vós, porque facedela guerra cada un pola vosa conta. O mellor erro na definición, pero é a imaxe que a xente ten, compre que fagades unha reflexión interna.
      Saúdos.-

      Posted by oscarman | 02/03/2012, 6:58 pm
    • Home se deixáramos de botar merda uns derriba doutros sería moito mellor, eu non vou defender nin criticar a niguén, pero este é un bo exemplo de que non estamos ao que temos que estar. Esquecer e comezar é o que nos toca.
      Oscarman tampouco se vai moito polas ramas e comparto bastante o que di. Aínda así, logo da estrepitosa AN do BNG pasada, creo que non queda máis por dicir… e en 5 meses non da tempo a argallar nada para as eleccións… agora o que toca é pensar que facer para que o nacionalismo non apodreza como apodreceu o Bloque Ex-Nacionalista Galego.

      Posted by Ramón Nogueira | 04/03/2012, 2:05 pm
  7. Eu entendo que é moi duro o que dis Ramón sobre o BNG, pero ala ti e a tua conciencia. Eu non estou apodrecendo , coido que todo o contrario estou medrando como persoa dentro do BNG, e insisto por enésima vez, non son da U, senón mais ben todo o contrario. Era o momento de ficar e trocar o BNG, pero dende dentro, nunca se estivo tan preto de conseguilo o demais con todos os respetos son farrapos de gaita. E unha cousa,m ex.nacionalistas son EI que están dispostos e aliarse con calquer elemento incluidos os facciosos con tal de sobrevivir. Claro que non hai que botar merda uns a outros, pero fun testemuña presencial das XIII Asemblea nacional e ali non se botou merda contra ninguen, en troques estiven tamén presente na Asemblea “constituinte” do Encontro Irmandiño e ali encheuse o BNG de merda, esa é a diferencia.

    Posted by chon | 04/03/2012, 6:07 pm
    • Pero Chon, estades ceghinhos todos os blocallos (con cariño), e se pensas que estou co EI estás bastante equivocado, agora non, agora co que vou é con Galiza de verdade, nin malas caras, nin paxaradas. Se o Bloque Nacionalista Galego mirara un pouco pola sociedade que quere convencer e se deixara de meniñadas (aínda agora cos irmandinhos fóra) iríalle bastante mellor. E por suposto o BNG vai ter o meu voto, porque non me queda outra, até que naza unha alternativa mellor, e oxalá sea o BNG renovadinho e limpo, non o partido coa imaxe máis suxa de Galiza. O problema e que non o digo eu, dino a gran maioría dos posibles votantes do BNG, os que hai que convencer, os que habería que tratar, porque nós… a nos non nos queda outra que ir de mala gana ao colexio electoral e votar para ver ano tras ano o mesmo.

      Posted by Ramón Nogueira | 07/03/2012, 2:10 am

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Febreiro 2012
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: