O voceiro do Bloque Nacionalista Galego de Cambados, Víctor Caamaño, solicitou ao alcalde que se dea resposta a tres preguntas realizadas nos meses de Outubro, Novembro e Nadal do pasado ano. A primeira facía referencia ao asesor xurídico do Concello, a segunda á redución de axudas do Plan Concertado da Xunta de Galicia e a terceira referíase ás actuacións musicais e outros eventos da Festa do Albariño.
IBI, REFUXIO E RENDA DE EMANCIPACIÓN
Ademais mañá debatirase tamén unha moción presentada polo grupo nacionalista destinada a apoiar ao Refuxio de Animais para acceder á xestión das instalacións provinciais, e outra que ten como fin opoñerse á suba do IBI que vén de aprobar o goberno do Partido Popular e que en Cambados suporá un incremento para os impostos que pagan todas as vivendas.
O grupo do PSOE presentará unha moción a instacia das súas Xuventudes Socialistas para opoñerse á supresión da renda básica de emancipación, que aprobara o anterior Executivo do PSOE en Madrid a través do Decreto 1472/2007 e que entre outras cousas concedía 210 euros de axuda para o aluguer durante un máximo de catro anos.
As XSG-Cambados non nos opoñemos á suba da Renda Básica de Emancipación como aquí se di, senón que nos opoñemos a súa SUPRESIÓN por parte do goberno de Rajoy.
Erro de conexión cerebro-mans, perdoade!