//
estás a ler...
., Cambados, Galiza

Francisco Trigo fala sobre o momento actual do nacionalismo en La Voz de Arousa


O ex deputado Francisco Trigo Durán concedeu unha entrevista a La Voz de Arousa que foi publicada no día de onte e na que dá a súa opinión sobre o sucedido no Bloque Nacionalista Galego nas últimas semanas. Trigo xa renunciou oficialmente a militar nesta organización, á que pertencía desde hai décadas, logo de que o Encontro Irmandiño de Xosé Manuel Beiras decidira abandonar o BNG.

Na entrevista pon de maniesto a necesidade de, no posible, articular unha nova organización con capacidade de acudir á vindeira cita electoral e “deter a sangría de votos do nacionalismo”. El cre que a nova organización non debería seguir de novo un modelo frontista, que considera que hoxe en día no Bloque estaba esgotado. A nova plataforma nacionalista debería en opinión de Trigo ter unha “pata institucional” e unha “pata social”, sen que a primeira predomine sobre a segunda. Un novo partido con “vocación transformadora e de gobernar”. Ademais ve “un despropósito” a esixencia da dirección do Bloque de requerirlles aos concelleiros do EI as actas, xa que o Encontro como organzación formaba parte do BNG cando se presentaron ás eleccións.

Lembrar que a vindeira data clave para o nacionalismo é a próxima fin de semana, cando a corrente Máis Galiza decidirá en Asemblea se continúa no Bloque ou se suma á aventura iniciada polos irmandiños. Podes ler a entrevista a Francisco Trigo premendo aquí (a foto foi tirada da mesma Voz).

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Febreiro 2012
L M M X V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: