Unha moción do grupo nacionalista (podes lela íntegra) do Concello pon de manifesto que no mes de Febreiro tivo lugar no Concello de Cambados un “grave suceso” que puido ter desembocado incluso en denuncia perante o Xulgado. Este hipotético altercado tería ocorrido entre a Secretaria en funcións do Concello e a funcionaria de obras e servizos.
A moción que rexistrou o voceiro do BNG, Víctor Caamaño, pregunta ao goberno local se ten coñecemento dos feitos, se existen testemuñas do acontecido, se o Concello se presentará no Xulgado en caso de existir esa denuncia, se se abriu algún expediente disciplinario, se houbo lesións como consecuencia do incidente e cales son as medidas que pensa tomar o Concello para que estes feitos non se repitan.
Tralas malas novas que nos deixaron os últimos meses en relación aos medios de comunicación en galego, ultimamente todo semellan boas novas. Se nas pasadas semanas dabamos a boa nova da chegada de Praza Pública (que xa podes visitar e que non para de medrar), agora é o turno de Dioivo, un medio dixital e en galego. Dioivo é creado por un grupo de xornalistas, maioritariamente parados polo procesos de peche de diario galegos vividos até o de agora. Anúnciase independente e con diversidade de de formatos (entrevista, crónica, vídeo, opinión…). De momento podes visitar a súa páxina de presentación, Dioivo.eu, e ver un vídeo no que introducen ao futuro lector no novo medio. Moita sorte tamén a Dioivo!