Tralas malas novas que nos deixaron os últimos meses en relación aos medios de comunicación en galego, ultimamente todo semellan boas novas. Se nas pasadas semanas dabamos a boa nova da chegada de Praza Pública (que xa podes visitar e que non para de medrar), agora é o turno de Dioivo, un medio dixital e en galego. Dioivo é creado por un grupo de xornalistas, maioritariamente parados polo procesos de peche de diario galegos vividos até o de agora. Anúnciase independente e con diversidade de de formatos (entrevista, crónica, vídeo, opinión…). De momento podes visitar a súa páxina de presentación, Dioivo.eu, e ver un vídeo no que introducen ao futuro lector no novo medio. Moita sorte tamén a Dioivo!
Conversa
Aínda non hai comentarios.