As Xuventudes Socialistas de Cambados, as mocidades do PSOE, veñen de presentar unha nova campaña benéfica. Se en Nadal o seu obxectivo foi o de xuntar regalos e alimentos para os máis necesitados (o resultado da campaña foi moi positivo) agora os membros das XSG queren axudar á asociación Esperanza Salnés a través dun concurso de talentos.
Este concurso terá lugar o día 18 de Marzo ás 17 horas no Auditorio, cunha entrada simbólica de 2 euros. Poden participar grupos ou persoas individuais que desexen amosar un talento (música, monólogo, poesía, baile, maxia…) nun tempo máximo de catro minutos. Para inscribirse, antes do 14 de Marzo, tan só hai que contactar coas XSG vía teléfono (627 11 53 85 ou 697 81 77 30), ou ben a través dos seus espazos en Facebook e Twitter e a través do seu correo-e. Tamén se pode facer nos centros de ensino de Cambados e no propio local do PSOE (Borrón 11, 1º esq).
A participación supón unha inscrición de cinco euros que serán aboados o propio día das actuacións. Todos os cartos (entradas e inscricións) serán aboados á Esperanza Salnés, que atravesa máis unha vez dificuldades económicas a falta dun convenio estábel coas institucións.
Conversa
Aínda non hai comentarios.