Os militantes do Encontro Irmandiño do Salnés xa formalizaron as súas baixas no BNG. Algúns fixérono hai días (caso do cambadés Francisco Trigo), outros fixérono onte (como o veciño de Ribadumia Ramón Mouriño) e algúns aínda agardan a que Máis Galiza tome a súa decisión sobre a permanencia no Bloque nesta vindeira semana.
Así e todo, os membros do Encontro non marchan do BNG para ir á casa. Tratan agora de iniciar contactos para crear un novo proxecto político que teña como centro de gravidade a esquerda e a nación galega como suxeito político. Un proxecto integrador, con vocación de sumar e construir, aberto á cidadanía, conectado cos movementos sociais e con clara intención transformadora.
CONVOCATORIA ABERTA NAS VINDEIRAS SEMANAS
A idea é atraer a toda esa masa de xente que está a sufrir e a rexeitar as medidas que se están a levar a cabo dende o poder e que hoxe está orfa de referentes no actual escenario político. Nas vindeiras semanas convocarase un encontro totalmente aberto, para tratar estes puntos na nosa comarca.
creo que hoxe irei a procesion do nazareno
Vaite, vaite a procesión do nazareno, que parece que che vai a medida. Debes ser un bo cristiano. Deses que van a misa e teñen boas palabras por diante, e logo aproveitan para clavarlle puñaladas por atras a todo dios. Estou lendo hoxe as imputacións no caso Dorribo de Fernando Blanco, ex-conselleiro, Bazarra e Salustiano Mato, todos altos cargos do bng e canto mais leo mais me fai chegar a conclusión de que bng, psoe e pp, a mesma merda é. Saudos e sigue a pegar carteis.
Oes, a auga doce, cando queda estancada e sen fluir, acubilla unha morea de bichocos e enfermidades, deberías facerte mirar eso, ou deixar de ser tan cobarde e asinar co teu nome.
Xa hai que ser palurdo para dar por boas as acusacións de Dorribo, cando continuamente se ten que estar desdicindo (“metinlle cartos nunha conta en Andorra… non, bueno, na man… Non mandeillos pola criada…”).
Un refrán: “sempre fala de merda @ máis cagad@”. Vaiche ao pelo.
E certo, a auga estancada cheira, e as persoas que sempre se moven xuntiños, sen queren integrar a nadie ou abrirse a sociedade acaban sendo unha secta, e nas sectas acabase crendo todo o que “emana” do lider, sen discusión, eso e o que lle ten pasado ao bng de Cambados..
O de Dorribo e unha pena, pero xa me explicaras que fai un tal Bazarra, militante do bng, e alto cargo de Fernando Blanco traballando de xerente das empresas deste elemento. E de paso xa podes explicarme tamén os casos carrumeiro, que tamén sera un invento dos medios de comunicación para enmerdar verdade.
En todo caso eu xa dixen noutro comentario que me pasara identificando o BNG co PP, que e certo que moito mais corrupto, e non se pode comparar…
O que non me esperaba nunca dos militantes do BNG e que de repente destilaran ese odio profundo aos que non queren xa seguir con eles, vexo os teus comentarios e vexo os de Chon e quedo asombrado. Fai un ano os nacionalistas eramos todos estupendos e o mellor de cada pobo, fai uns meses había uns que “sobraban” no bloque, e agora que acordan marchar facendo mais ou menos ruido, pero estarán no seu dereito non????. Agora son uns autenticos fillos de puta, renegados, complices do españolismo, pero bueno, solo son dous ou tres. Coño se solo son dous ou tres para que montades toda esta campaña de opinión na súa contra…. A verdade e que non vos entendo, terei que afiliarme ao bng a ver se me aclaro. E que participe un Concelleiro do BNG, cargo institucional, poñendo a parir a persoas que foron tamén concelleiros do bng e deron a cara pola organización (fixerano mellor ou peor) non deixa de ser ridiculo.
No teu caso podo entendelo, porque cando un depende en certa medida de que o chiringuito aguante, pois en fin… que lle vamos a facer…. Saudos.
Se nos poñemos puristas augadoce, os do PP gañan por goleada nestas cuestións, aínda que o PSOE e o BNG tamén fan méritos dun tempo para acá para liderar esa clasificación … Elena Espinosa, nº 2 do PSOE con Zapatero, tanto lle ten a lei de incompatibilidades que reza que hai que esperar 2 anos para exercer actividade Mercantil, e lisca para ENDESA coma FELIPE E AZNAR. Porén o que nos deben preocupar son os que están en activo, e que queres que te diga, meu: cada vez falta máis ética, mái civismo, sobre todo desde que o PP quitou a Asignatura de Educación para a Cidadanía por ser problemática … asemade Camps, Esperanza, e un largo etcétera refiren que son un exemplo de valores, principios, ideas, as da ultradereita, que leva coma sinal a falta de civismo absoluta, polo tanto o paralelismo que fas non é válido. E podería extenderme sobre o particular, pero con ler un xornal abonda.
Saúdos.-
Tes razon Oscarman, recoñezo que fun impulsivo e me pasei igualando a todos. A verdade e que vendo o que fai Louzán na Deputación e Touris non se poden considerar todos iguais de corruptos. Pido perdón, pero levo uns días vendo e oindo tonterias nesta paxina, vendo como compañeiros nacionalistas, agora en distinta opción política, pero nacionalistas ao fin e ao cabo poñen a parir a outros compañeiros, chamandolle de todo un pouco, case aledandose da súa “morte”, que me fai pensar se realmente se tratan a ex-compañeiros así, o día que cheguen ao poder, mandan fusilar aos disidentes. E cando eso o fan teoricos referentes ou concelleiros en activo, pois un perdese e di cousas que non debería decir. En fin. maña sera outro día e saira o sol tamén en Cambados…..
“No século XXI Galiza estaba arrodeada de inimigos … gobernaba Núñez Feijoó, o rei “Planeta”, que dirixía con man de ferro a Comunidade Autónoma … os seus dominios atenguían A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
Ao seu carón tiña a Tourís e Louzán …” Esto augadoce é coma Alatriste de Arturo Pérez Reverte … pero cunha oposición que fai o ridículo: eu tamén estou enoxado coma tí, é de vergoña que se “maten” en disputas internas namentras o país esmorece. Eu en Cambados.tk xa espuxen a miña opinión encol disto, e namentras o meu tocaio Óscar Pardo teña o seu blog para uso e disfrute de tódolos Cambadeses, seguirei facendo uso da liberdade de espresión e ideas. E tanto me ten o que digan, son conscente de que o BNG xa non cumpre a súa idea primixenia, para nada, o de ser unha fronte onde as decisións se tomaban por CONSENSO, onde había un debate previo onde antes de chegar a unha Asamblea onde todo o mundo expoñía os seus pensamentos de xeito aberto, tolerante, e sen exclusións … pos de 10 anos para acá iso rematou, agora coma os PARTIDOS HEXEMÓNICOS, refiren a Democracia dos votos, tanto lles ten que a metade da militancia pida un troco, somos máis e a culler a levamos nós … coma mudaron as tornas, meu amigo, hoxe se goberna desde Santiago coma facía Felipe IV (Jorquera) e o Conde Duque de Olivares (Vázquez). Os terzos de Flandes é o pobo que malvive namentras estes piden actas, falan en televisión decindo parvadas, e rematan con todo aceno de convivencia pacífica entre compañeiros, coma refires con gran acerto. Os que se van son DISIDENTES e se lles falta o respeto, interpretan a LEI AO SEU ANTOXO, e falan de falla de lealdade: non somos súbditos de ninguén, temos intacta a nosa capacidade de pensar, e non precisamos formar parte de nengunha estrutura para ter a nosa voz coma cidadáns. No BNG hai xente de moita valía, pero teñen unha capacidade enorme para gardar RENCOR, e iso en Política desgasta, porque todos nos decatamos dese sentimento. Non serve para nada, e fai esquezer o realmente importante, que nun ano hai eleicións e van facer falla tódolos votos da corrente que seña, para quitar a miñaxoia do TRONO. Aínda hai tempo de sobra para evitar isto, e por certo, escoito a Stalin / Jorquera decindo que é o PP o que fomenta a división entre o Nacionalismo, NON, SON ELES MESMOS, tan só hai que ler un xornal. QUE NON DIGAN PARVADAS.
Respondo aqui ao anterior, Aguadoce: os que marcharon están no seu dereito, por suposto, faltaría máis, ata teñen dereito a anunciar a mesma baixa na prensa 7 veces para maior escarnio do nacionalismo. Aquí non se discutiu iso, senón os teus comentarios, cheos de veneno. É o bo que ten o rexistro escrito, ademais, que queda ahí, así que non mestures historias con soniquetes como “xa se sabe que…” e demais paranoias.
Sempre con que non se abre á sociedade e tal. A quen se lle negou a entrada no BNG? Se ata se lle permitiu a algún darse de alta a un par de meses da asemblea mesmo sen abonar todos os meses que debía da súa anterior baixa! (Sónache, ou non? Por moitos pseudónimos que se poñan, o estilo delátanos, é coma unha pegada dactilar). No BNG non sobra(ba) ninguén, menos vitimismo.
E xa me explicarás iso de que “no meu caso podes entendelo por depender que o chiringo aguante”, pois como ben sabes eu vivo do meu traballo, non dependo de ningún chiringo, o que xa é bastante nos tempos que corren.
Que che vaia ben.
Calma compañeiros: o que acontece neste intre é o resultado dunha derrota eleitoral, nada máis. Como sinala Manolo quen quera estar que estea, e se non que lisque. Pero que se faga de xeito respetuoso, e sen “mentar” a ninguén … eu non quero debilitar ao BNG porque é necesario, coma é calquera partido que leve na súa identidade a verba Igualdade, tolerancia, respeto, empatía, etc, etc, non o caciquismo dos que malgobernan Cambados e Galiza. O que acontece en Vigo este domingo será o epitafio, e unha vez que todo o mundo estea onde queira, TODOS A UNHA, NO BARCO QUE SEÑA, PERO REMATAR COA DEREITA DUNHA VEZ PARA SEMPRE.
Saúdos
Cómo se pode enterar un simpatizante das reunions do Encontro Irmandiño, para asistir?
Boas Fiz, nesta páxina seguimos con interese este proceso e informamos das xuntanzas abertas. De todas formas mandeiche un email. Saúdos
Son novo no Salnes…