//
arquivo

Archive for

O entorno da Torre, lugar máxico e tamén vertedoiro


A Torre da San Sadurniño é un dos lugares máis fermosos de Cambados e seguramente un dos puntos máis visitados xunto coa Praza de Fefiñáns ou as Ruínas de Santa Mariña. Pero a importancia deste lugar non se corresponde co estado que presenta.

Amoréase na illa da Torre unha boa cantidade de basura, feito sobre o cal Ramón Nogueira escribe esta semana en Cambados(tk), demandando máis mantemento ao Concello e sobre todo máis sentido común aos cidadáns que producen este lixo. Ramón propón que dalgún xeito animarse a limpar a natureza nos puntos máis castigados do noso concello. Outro dos lugares máis fermosos e máis castigados por este feito é o monte da Pastora, outro punto de Cambados moi transcurrido, tanto por xoves como por adultos. Isto implica, por desgraza, que sexa outra especie de “vertedoiro”, así como ás beiras do Umia, cada vez máis e máis cheas do lixo dos veciños. Aínda e todo, o máis impactante é que tanto a Torre, como a Pastora, como o Umia, son lugares de interese do noso pobo ademais de ser, algún deles, ruta de sendeirismo de Cambados. (segue a ler para ver fotos) Seguir lendo

A Torre de San Sadurniño e o seu típico manto de lixo


Onte, 2 de marzo de 2012, estivemos pasando a tarde, uns amigos máis eu, nun lugar tan fermoso e máxico como é a nosa Torre de San Sadurniño. Pasamos una tarde tranquila disfrutando do son das ondas contra a rocha e do gustoso cheiro a mar.

Este case-perfecto serán podería chegar a desfacerse do “case” se non fora pola morea de merda que sempre hai, e perdón pola expresión, pero digo merda porque non sei como definir todo canto lixo hai tirado por toda a illa. Como non tiñamos plan para a este sábado, decidimos que porque non facer una quedada entre amigos e dedicarlle un par de horiñas a limpar a illa, xa que se agardamos a que o concello se decida a limpar, volvería xunto a miña Vella Amiga de Pedra nos anos da miña xubilación.

O Concello de Cambados xa podía ir a mirar máis a miúdo se o colector de “Play-Mobile” (polo tamaño) que deixaron alí está ou non cheo, porque levarían una sorpresa da cantidade de veces que bota por fóra, pasando deste xeito moitos días. Por non dicir que se Aragunde e compañía se deran una voltiña pola Torre poderían observar (agora xa non) todo o lixo canto hai: vasos de plástico, botellas de alcol e demais obxectos utilizados nos botellóns, aproximadamente puidemos coller una ducia de caixas valeiras de tabaco e moreas e moreas de cabichas de cigarros, xunto con multitude de panos de papel usados, bolsa de pipas, anacos de papel de aluminio, un par de pneumáticos, una roupa de augas e algunha que outra cousa máis.

Tampouco lle vou botar toda a culpa ao concello, xa que se non se deixara tanto lixo o concello non tería porque limpalo. Eu só pido que se teña un pouco máis de coidado, que non custa nada logo de comer as saborosas pipas, gardar a bolsiña nun peto para tirala máis tarde, ou se se fai botellón na Torre por min encantado, por suposto, e até lle ía eu tamén se me invitan, pero que custa gardar o lixo que producimos na mesma bolsa na que se trouxeron as botellas, os vasos e as palliñas?

Dentro duns días iremos até a Pastora mirar a situación de por alí. Se cadra abriremos un evento en Facebook para a xente de Cambados que se queira unir á causa, se a cousa vai ben poderíamos pasarnos pola beira do Umia e por outros lugares que vexamos que precisan un pouco de axuda.

Só recordar que estes lugares non precisarían axuda ningunha, se todos somos un pouco máis respectuosos co noso arredor.

Podes ver as fotos da limpeza premendo aquí.

Ramón R. Nogueira. Consulta máis artigos de Ramón premendo aquí

María Xosé Cacabelos reelixida como responsábel local do BNG


O BNG de Cambados vén de anunciar o resultado da Asemblea que celebrou esta fin de semana e que tiña como motivo principal a elección do novo Consello Local, o órgano da dirección. Só se presentou unha candidatura, encabezada pola concelleira Mª Xosé Cacabelos, que recibiu un respaldo total dos militantes presentes con ningún voto en contra. Seguir lendo

Nas redes sociais

Marzo 2012
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.