//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Ramón R. Nogueira

A Torre de San Sadurniño e o seu típico manto de lixo


Onte, 2 de marzo de 2012, estivemos pasando a tarde, uns amigos máis eu, nun lugar tan fermoso e máxico como é a nosa Torre de San Sadurniño. Pasamos una tarde tranquila disfrutando do son das ondas contra a rocha e do gustoso cheiro a mar.

Este case-perfecto serán podería chegar a desfacerse do “case” se non fora pola morea de merda que sempre hai, e perdón pola expresión, pero digo merda porque non sei como definir todo canto lixo hai tirado por toda a illa. Como non tiñamos plan para a este sábado, decidimos que porque non facer una quedada entre amigos e dedicarlle un par de horiñas a limpar a illa, xa que se agardamos a que o concello se decida a limpar, volvería xunto a miña Vella Amiga de Pedra nos anos da miña xubilación.

O Concello de Cambados xa podía ir a mirar máis a miúdo se o colector de “Play-Mobile” (polo tamaño) que deixaron alí está ou non cheo, porque levarían una sorpresa da cantidade de veces que bota por fóra, pasando deste xeito moitos días. Por non dicir que se Aragunde e compañía se deran una voltiña pola Torre poderían observar (agora xa non) todo o lixo canto hai: vasos de plástico, botellas de alcol e demais obxectos utilizados nos botellóns, aproximadamente puidemos coller una ducia de caixas valeiras de tabaco e moreas e moreas de cabichas de cigarros, xunto con multitude de panos de papel usados, bolsa de pipas, anacos de papel de aluminio, un par de pneumáticos, una roupa de augas e algunha que outra cousa máis.

Tampouco lle vou botar toda a culpa ao concello, xa que se non se deixara tanto lixo o concello non tería porque limpalo. Eu só pido que se teña un pouco máis de coidado, que non custa nada logo de comer as saborosas pipas, gardar a bolsiña nun peto para tirala máis tarde, ou se se fai botellón na Torre por min encantado, por suposto, e até lle ía eu tamén se me invitan, pero que custa gardar o lixo que producimos na mesma bolsa na que se trouxeron as botellas, os vasos e as palliñas?

Dentro duns días iremos até a Pastora mirar a situación de por alí. Se cadra abriremos un evento en Facebook para a xente de Cambados que se queira unir á causa, se a cousa vai ben poderíamos pasarnos pola beira do Umia e por outros lugares que vexamos que precisan un pouco de axuda.

Só recordar que estes lugares non precisarían axuda ningunha, se todos somos un pouco máis respectuosos co noso arredor.

Podes ver as fotos da limpeza premendo aquí.

Ramón R. Nogueira. Consulta máis artigos de Ramón premendo aquí

Advertisements

Conversa

One thought on “A Torre de San Sadurniño e o seu típico manto de lixo

  1. Aclarar que aínda que eu escriba o artigo o traballo dese sábado de limpeza é, mérito, xunto comigo, de Lorena Acha, veciña de San Tomé, Silvia Fernández e Víctor Nine, veciños da Modia.

    Posted by Ramón Nogueira | 07/03/2012, 7:12 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Marzo 2012
L M M X V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: