O BNG de Cambados vén de anunciar o resultado da Asemblea que celebrou esta fin de semana e que tiña como motivo principal a elección do novo Consello Local, o órgano da dirección. Só se presentou unha candidatura, encabezada pola concelleira Mª Xosé Cacabelos, que recibiu un respaldo total dos militantes presentes con ningún voto en contra.
Na candidatura tamén participaban o ex alcalde Xoán Antonio Pillado, o anterior responsábel comarcal do Bloque Duarte Correa e os restantes concelleiros, o voceiro Víctor Caamaño e Xaquín Charlín. Este último manifestou no seu blog que o ambiente da asemblea foi de total camaradería, “non coma outras xuntanzas nas que algún protagonista negativo sempre daba a nota”, en clara referencia a un dos membros do recén escindido Encontro Irmandiño. Por certo que este partido foise “equivocadamente”, considera Chon a pesar súas propias palabras, cando menos belixerantes, en relación a membros do EI.
A composición do novo Consello Local é a seguinte: María Xosé Cacabelos Dominguez, María Teresa Prado Cores, Víctor Caamaño rivas, Xaquín Charlín González, María Esperanza Fernández García, Xoán Antonio Pillado Silvoso, Lucía Leiro Blanco, Carlos Gonzalez Canle, Adela Leiro Lois, Jordi Martínez Clewley e Duarte Correa Piñeiro
MÁIS GALIZA D’O SALNÉS APOSTA POR MARCHAR DO BLOQUE
Do mesmo xeito, a dirección da corrente Máis Galiza d’O Salnés acordou apoiar a proposta feita por trinta membros da súa dirección nacional de abandoar o Bloque na Asemblea que a corrente celebra durante a vindeira fin de semana. Entre os representantes de Máis Galiza atópanse o cambadés Tino Cordal, Nando Casal de Catoira ou Miguel Fernández Lores de Sanxenxo. Segundo o Faro de Vigo, se ocorre isto finalmente, o Bloque perdería entre un 30 e un 40% da militancia na comarca, sumadas ás baixas do Encontro Irmandiño. De todos os xeitos, o BNG mantería a súa representación nas localidades ou cando menos as caras máis visibles na actualidade.
ni o 30 nin 40 % e de cabezas visibles nada de nada pois a sua asistencia a reunions asambleas etc era praticamente nula e as que ian non aportaban nada positivo po bng( dios os deixe ir)
Oscar sebes que estou moi afeito a que me criitiquien sobre por parte dalgunha xente que ti sabes de sobra quen é, o que non comparto nin é certa é a tua frase “considera Chon a pesar súas propias palabras, cando menos belixerantes, en relación a membros do EI”. estó non é certo, é mais eu xa cho dixen mais dunha ocasión si simpatizara con alguien seria co Encontro, outro cousa e que está a fronte do Encontro en Cambados co cal evidentemente nin simpatizo, nin nada de nata e tis abes perfectamente que este señor non é trigo limpo e dedicouse el mais un amiga del a criticarme duramente por Cambados adiante e as miñas costas nunca tiveron o valor de dicirmo na cara. E que veñas decindo que eu son belixerante “manda carallo” coñecendo como coñeces a estes duas personaxes que non teñen nada, e ti sabelo, a nivel politico conmigo senón que trataron de lincharme publicamente con argumentos falsos e personais. Pero o tempo porá a cada ún no seu sitio. Non me aprece ben, ainda que o respeto, o que dis sobre min, ademais non é certo.
Por certo enCambados ate o de Agora só se deron dous de baixa e un afortunadamente é o personaxe en cuestión. E iso non nin un 30 nin 4o%.
Chon, non pretendía dar con esa frase a miña opinión, senón constatar un feito. As palabras lévaas o vento pero non o que se escribe na rede mentres non se borre e/ou modifique. Polo tanto non me resulta complicado complexo demostrar como non é mentira o que eu dixen cunhas cantas citas túas extraídas literalmente do teu blog e deste:
“Fora do BNG non coido que fagan o rediculo, pero o que si fan é un gran favor o PP, nunca o PP lles vai estar tan agradecido.” 29/2/12
“Lendo as redes sociais que estes dias botan fume, a xenreira do outro día da asemblea irmandiña estase a multiplicar por todas a redes mentres que a maioría dos que ficaron no BNG estanse poñendo a traballar para tirar do carro para diante agora que ninguén pon xa pedras no camiño. Se os irmandiños foran un pouco consecuentes, debían entregar todos os cargos institucionais conseguidos coas siglas do BNG, é de xustiza. LAMENTABLE A POSICIÓN DE MARTIÑO NORIEGA EN TEO, LEO EN GALICIA CONFIDENCIAL” 15/2/12
“O Encontro Irmandiño parece que o que quere é dende dentro dimanitar o Bloque para despois saír como salvadores da patria e crear un novo partido, é unha cousa que parece evidente” 21/6/11
“ex.nacionalistas son EI que están dispostos e aliarse con calquer elemento incluidos os facciosos con tal de sobrevivir” Neste blog, hoxe
Cada quen pode ter a súa opinión, iso vaia por diante. Ti e máis eu temos unha moi diferente neste tema, é coñecido. Agora ben, non podes negar que non teñas unha postura belixerante co Encontro. Por certo, limiteime a copiar citas do teu blog e de CTK, podería copiar algunha máis (e máis gráfica) do Facebook do Encontro que ti escribiches.
Ah, e non vou a entrar a opinar sobre cuestións persoais que existen entre ti e mais ex membros do BNG. Nunca o fixen antes e non o vou facer agora. Sobre ese tema xa temos falado en privado e non me verás facer comentarios nin neste blog nin noutro espazo sobre esas cuestións, sobre as que por suposto teño tamén a miña opinión, que nalgúns aspectos é probablemente coincidente coa túa e noutros non.
Creo que a posición do BNG en todo o asunto da escisión é de mala xestión. E díxecho en petit comité, o divorcio está feito a curto prazo non hai volta atrás, agora cada quen que tire polo seu lado tendo claro quen é o inimigo. O novo proxecto non ten como inimigo o BNG, o BNG non pode ter como inimigo o novo proxecto. E os representantes institucionais do Bloque oxalá non alimentárades esa pelexa que non leva a ningures.
Oscar iso e demagoxia, porque ti fixeches o mesmo ou parecido co BNG e non é cuestión de poñerse a recopilar agora as tus citas e matizar as tuas verbas que foran mais o menos vehementes, porque tamén son númerosas neste senso. Ou que os Irmandiños e simpatizantes de Irmandiños tedes dereito a dicir o que queredes do BNG e sempre metendonos todos dentro da U como se foramos uns apestados, cando sabes que eu non son da U así como moita xente que ficou no BNG. E xa non digamos citas no facebook, podes encontrar ate insultos dos Irmandiños o BNG, eso non me vale querido Oscar e xa sei de sobra que un é dono dos seus silencios e escravo das súas palabras, pero tamén sei que un ten que contestar a certas cousas porque hai mita mentira tamén dentro de E.I.
Cando alguen di verdades sobre Beiras ou sobre Ei como o outro dia Camilo Nogueira en V Televisión, saliron centos de irmandiños a poñelo a parir nos distintos foros. E ti falasme de respeto os Irmandiños. Eu estiven presente na que eles chamaron a Asemblea Constituinte e reafirmome que ali so habia xenreira contra o BNG e especial contra a U, fun testemuña presencial non conto nada de oido.
Preto das cuestións personais ti sabes perfectamente quen empezou o tema, deixeicho nun privado, e mais ti estabas presente, non me podes vir agora a dicir que o malo da pelicula son eu. Eu nada mais entrar en politica cando se soubo o da miña candidatura, xa empecei a recibir caña do susodicho e da sua amiga e ti sabelo de sobra, e non se metian conmigo por temas politicos senón por temas personais e somentes por temas personais ti crees que se pode dicir nunha asemblea do BNG de Cambados como dixo unha amiga tua en publico “Chon e moi mal amigo dos seus amigos” Que coño, perdonando a frase, ten que ver eso con politica. E mais lembras un dia que ti me dicheches non lle contestes a fulanita as indirectas que non procede, tales como “lista de merda” a onde van”, “algúns dan pena” etc. Eu calei porque estabas en plena campaña e non era cuestión de poñerse a dicutir con quen non debia.
Oscar eu xa sei que te levas ben con eles, pero a min ate a escisión nunca me oirias falar mal deles e menos de temas personais, como fixeron eles tanto en público como en privado.
Unha aperta.
Chon, eu non nego as miñas palabras e podes citalas sempre que queiras. E se me arrepentira do que digo deixaríao claro. E eu nunca dixen que ti foras da UPG nin metín a todos no mesmo saco. Se ti mencionaras algunha referencia a algún artigo meu sobre o Bloque na túa páxina non che diría que estás mentindo porque as probas son evidentes. Por iso non entendo que che pareza mal que reflicta cousas que ti dis noutro medio…
Respecto ás cuestións persoais que mencionas, xa che dixen que nalgunhas cousas estivemos e estamos dacordo. Tamén é certo que cunha desas persoas teño moi boa relación e con outra unha relación cordial. Igual que considero que teño moi boa relación contigo. Unha cousa non quita a outra. Creo que non hai que afondar nestes temas, é a miña opinión persoal. Apertas
Así que dúas persoas soas, eses son segundo os datos “oficiais” as baixas en cambados, je je je. Bueno, se así xa estades contentos pois ala vos. Non vale a pena entrar a discutir de números pero un día haberá unha xuntanza en cambados dos agraviados polo bng nos últimos anos, e os que se deron de baixa da organización e poderase ver cantas persoas acuden e quedará claro si son dúas ou doce ou duascentas……
Agua dulce, agua salá cantaba Julio Iglesias. Home si, podemos entrar a discutir entelequias como quen son os “agraviados polo BNG” (nin que o BNG fose un ciclón ou algo así), seguramente asista moito opinante, tertuliano e xentes de bon vivir con todo o seu dereito. Agora ben, o que tamén hai é moita veleta que se da de alta e de baixa varias veces en poucos anos, segundo haxa asemblea á vista ou non, caprichos persoais… E agora ademais resulta que son “líderes”!
En fin, que o pasedes ben coa tertulia, eu quédome con xente como Mª Xosé, Victor, etc. Moito “lider” que anda por ahi debería lavar a boca antes de falar deles, por certo.