//
estás a ler...
., Cambados

O entorno da Torre, lugar máxico e tamén vertedoiro


A Torre da San Sadurniño é un dos lugares máis fermosos de Cambados e seguramente un dos puntos máis visitados xunto coa Praza de Fefiñáns ou as Ruínas de Santa Mariña. Pero a importancia deste lugar non se corresponde co estado que presenta.

Amoréase na illa da Torre unha boa cantidade de basura, feito sobre o cal Ramón Nogueira escribe esta semana en Cambados(tk), demandando máis mantemento ao Concello e sobre todo máis sentido común aos cidadáns que producen este lixo. Ramón propón que dalgún xeito animarse a limpar a natureza nos puntos máis castigados do noso concello. Outro dos lugares máis fermosos e máis castigados por este feito é o monte da Pastora, outro punto de Cambados moi transcurrido, tanto por xoves como por adultos. Isto implica, por desgraza, que sexa outra especie de “vertedoiro”, así como ás beiras do Umia, cada vez máis e máis cheas do lixo dos veciños. Aínda e todo, o máis impactante é que tanto a Torre, como a Pastora, como o Umia, son lugares de interese do noso pobo ademais de ser, algún deles, ruta de sendeirismo de Cambados. (segue a ler para ver fotos)

Hai anos tivera lugar en Cambados unha actividade semellante, o Macrolimpadón, que mobilizara a decenas de persoas para recoller lixo en varios puntos do Concello. Esta iniciativa nacera logo de que o termo macrobotellón se asentase nas cabezas da xuventude Cambadesa. Se tan fácil é organizar centos de xoves para beber todos xuntos, non ha de ser tan difícil convocar a centos de xoves para limpar todos xuntos non?



Torre (Marzo 2012), a set on Flickr.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Marzo 2012
L M M X V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: