Víctor Caamaño pregunta ao alcalde de Cambados pola figura do arquitecto municipal, función que agora mesmo está a desenvolver o arquitecto Francisco Galiñanes. Dacordo coas facturas do propio Concello, este estaría a prestar asesoramento en temas de expedientes urbanísticos, licenzas e incluso ultimamente na legalización de edificacións “non legais”.
A mesma persoa, mantén o BNG, está a desempeñar a súa actividade privada no termo municipal de Cambados (concretamente na Rúa Pardo Bazán), e o Bloque quere saber se o Concello lle outorgou a este profesional a compatibilidade para poder exercer como técnico municipal e libremente no ámbito privado.
Un informe do Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid pon de relevo que un arquitecto municipal en principio non pode exercer por libre no mesmo Concello onde asesora ao ente público para asegurar a súa imparcialidade, aínda que hai casos nos que o profesional pode obter unha autorización da autoridade para facelo.
Conversa
Aínda non hai comentarios.