//
arquivo

Archive for

O Concello envía ao BNG nun paquete tres meses de actas cando o prazo legal son 10 días


O goberno local puxo fin ao retraso de meses na entrega das actas da Xunta de Goberno ao grupo nacionalista no Concello, mediante o envío nun paquete de todas as actas dos 3 últimos meses. O voceiro do Bloque levaba desde Outubro reclamando que o goberno non se exceda do prazo legal para facer entrega á oposición desta documentación. Desde o BNG lembran que o artigo 113b da ROF das Entidades Locais sinala que “no prazo de dez días deberá enviarse a tódolos membros da Corporación copia da acta”. Seguir lendo

A comida do Albariño


Tiven ocasión de pasar o outro día pola exposición que se exhibe nestes días na recén renovada Cultural de Cambados. A exposición trata sobre Álvaro Cunqueiro, (aproveitando a conmemoración do seu aniversario) e a Festa do Albariño, á que acudiu en numerosas ocasións. Alí poden verse artigos de prensa escritos por Cunqueiro sobre a festa, documentos varios e sobre todo fotos antigas, que é o que a min máis me gusta. Aproveito para recomendar a súa visita que pode facerse ata fin de mes e de paso botarlle unha ollada a como quedou a nova cultural.

A parte das interesantes fotos que se mostran chamoume a atención un documento no que se relacionan os asistentes á comida do VI Certame do Albariño. Sorprendeume por dous motivos. Un porque pese a ser os tempos da Ditadura aparecía unha relación clara e aparentemente veraz dos asistentes, do seu número e de quen eran. E en segundo lugar porque nesa comida, como é lóxico, a algún asistente se lle convida pero outros teñen que pagar (e son máis os que pagan que os convidados). Quizais vós chegastes á mesma conclusión ca min, hoxe en día, en plena democracia, ninguha das dúas cousas é posible. Vai resultar que con Franco vivíamos mellor…

Remato dicindo que teño curiosidade por ver como organizan este ano a comida do Albariño, tendo en conta a austeridade demostrada dos políticos que nos gobernan e as dificultades económicas polas que pasamos.

Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.

Nas redes sociais

Marzo 2012
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.