//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Maribel Iglesias

A comida do Albariño


Tiven ocasión de pasar o outro día pola exposición que se exhibe nestes días na recén renovada Cultural de Cambados. A exposición trata sobre Álvaro Cunqueiro, (aproveitando a conmemoración do seu aniversario) e a Festa do Albariño, á que acudiu en numerosas ocasións. Alí poden verse artigos de prensa escritos por Cunqueiro sobre a festa, documentos varios e sobre todo fotos antigas, que é o que a min máis me gusta. Aproveito para recomendar a súa visita que pode facerse ata fin de mes e de paso botarlle unha ollada a como quedou a nova cultural.

A parte das interesantes fotos que se mostran chamoume a atención un documento no que se relacionan os asistentes á comida do VI Certame do Albariño. Sorprendeume por dous motivos. Un porque pese a ser os tempos da Ditadura aparecía unha relación clara e aparentemente veraz dos asistentes, do seu número e de quen eran. E en segundo lugar porque nesa comida, como é lóxico, a algún asistente se lle convida pero outros teñen que pagar (e son máis os que pagan que os convidados). Quizais vós chegastes á mesma conclusión ca min, hoxe en día, en plena democracia, ninguha das dúas cousas é posible. Vai resultar que con Franco vivíamos mellor…

Remato dicindo que teño curiosidade por ver como organizan este ano a comida do Albariño, tendo en conta a austeridade demostrada dos políticos que nos gobernan e as dificultades económicas polas que pasamos.

Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.

Advertisements

Conversa

One thought on “A comida do Albariño

  1. Primeiramente teño que dicer que non tiven a sorte de ver anovada a Sociedade Cultural que supoño se inauguraría con toda pompa e boato polas autoridades locais e provincianas do momento vendendo o favor de quen tanto fai pola vila.Nada que ver de cando se fixo por primeira vez chea de masóns(véxase o logo da Cultural) e clase burguesa industrial da vila e os cataláns que en número importante viñeran do mediterrani,daquela quen falou en nome de todos foi Francisco Añón o poeta do rexurdimento comprometido coa nación e polo tanto coa súa única língua de seu,nada que ver con hoxe de seguro.O mesmo coa festa do Albariño,pasamos dunha festa de exaltación do viño á exaltación dos convidados todos vinculados ao PP xa que a consideran a súa festa non a de todos os Cambadeses,para éstos últimos creouse o macro botellón oficial mais importante da nacion.Pasouse de Castroviejo e Cunqueiro aos personaxes da farándula rosa por que así ten mais proxeción cara afora,é dicer o príncipe dos viños convertímolo en Iñaki Urdangarín e fente a iso non teño mais que dsestacar aos borrachuzas do sábado ao domingo da festa que esperan ás autoridades con asubíos demostrando que o futuro está neles,saúdos

    Posted by Xan Galban Galiñanes | 10/03/2012, 11:23 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Marzo 2012
L M M X V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: