//
estás a ler...
., Cambados

O Concello envía ao BNG nun paquete tres meses de actas cando o prazo legal son 10 días


O goberno local puxo fin ao retraso de meses na entrega das actas da Xunta de Goberno ao grupo nacionalista no Concello, mediante o envío nun paquete de todas as actas dos 3 últimos meses. O voceiro do Bloque levaba desde Outubro reclamando que o goberno non se exceda do prazo legal para facer entrega á oposición desta documentación. Desde o BNG lembran que o artigo 113b da ROF das Entidades Locais sinala que “no prazo de dez días deberá enviarse a tódolos membros da Corporación copia da acta”.

Víctor Caamaño cre fundamental o cumprimento desta regulación para que a oposición conte coa información necesaria para cumprir co seu labor de fiscalización “que redundará en beneficio dos veciños e veciñas de Cambados”. O BNG anuncia que antes de acudir a instancias superiores para transladar este incumprimento da legalidade, van pedir máis unha vez que o Goberno Local lles facilite as actas no prazo legal dos 10 días e no caso de non ser posíbel se lles notifiquen correctamente as razóns de dito retraso. Veremos se este caso chega a bo porto e o Concello cumpre a Lei ou se se eleva a outra instancia superior.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Marzo 2012
L M M X V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: