Publica hoxe o blog sobre Asorey (pacoasorey.blogspot.com) que dirixe a profesora Maribel Iglesias, unha completa análise sobre unha proposta de Paseo das esculturas. Faise en base ás declaracións do alcalde de crear unha ruta escultórica para darlle entidade a todas as obras das que podemos disfrutar na vila de Cambados. Unha idea que é positiva pero que Maribel quixo pormenorizar para non deixar ningunha das importantes polo camiño. Proponse tamén de cara a este proxecto que se sinalicen correctamente as esculturas e mesmo se edite un folleto informativo.
Neste percorrido polas esculturas inclúense as seguintes: a peza de Manolo Paz n’O Pombal, os Balboas e os escudos de Fefiñáns, o Cristo da Igrexa de San Bieito, a Naiciña na Praza Asorey, a escultura en bronce de Asorey de Lucas Míguez, a homenaxe a Cabanillas feita por Asorey no Paseo da Calzada, o rañeiro de A. Vila e as Vieiras de Manolo Paz no Paseo das Palmeiras, a escultura de Cabanillas n’A Calzada de Lucas Míguez, o Baco de Francisco Leiro, a fonte-farola de Narciso Pérez na Praza de Alfredo Brañas e Adán e Eva na fachada da Igrexa Parroquial. Sen dúbida un longo percorrido pero que merece a pena; xa o di a autora “é que o patrimonio artístico de Cambados é inmenso”. Recomendada a lectura.
Conversa
Aínda non hai comentarios.