//
estás a ler...
., Cambados, Galiza

A fin de semana política deixa a Pachi Vázquez con contestación no PSdeG e un nacionalismo en cambio


Durante esta fin de semana ocorreron dous feitos fundamentais na política galega. Por un lado, nas filas socialistas, o seu Congreso Nacional supuxo que Pachi Vázquez fora proclamado outra vez Secretario Xeral. A alternativa de Elena Espinosa pisoulle os talóns con só 33 votos delegados menos que o gañador. Isto abre a porta por outra banda a que o conglomerado “crítico” do PSdeG que aglutina a xente tan diversa como Abel Caballero, Leiceaga ou Pose, decida presentar candidatura nas primarias que o partido haberá de celebrar para elixir a persoa que opte á Presidencia da Xunta. O cambadés Rafael Blanco foi elixido membro do Comité Nacional do PSdeG-PSOE.

Por outra banda nas filas nacionalistas consumouse a escisión da que se vén falando hai semanas coa creación do partido +Galiza. Os seus militantes decidiron por case o 70% dos votos que o partido non formará parte do BNG. Súmanse, pois, ao Encontro Irmandiño de Xosé Manuel Beiras e a ducias de militantes que abandoaron a fronte recentemente co obxectivo de crear un “novo proxecto común”. Xoán Bascuas foi elixido Secretario Xeral de +Galiza e o cambadés Tino Cordal foi un dos membros da anterior dirección de +G que promoveu a escisión. Aínda que non hai datos dase por suposto que moitos dos alcaldes permanecerán no Bloque, do mesmo xeito que o até agora lider desta corrente, Carlos Aymerich. Agora resta agardar cales son os pasos vindeiros dos colectivos que están fóra de cara a reagruparse para as eleccións galegas que se prevén adiantadas.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Marzo 2012
L M M X V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: