O Encontro Irmandiño d’O Salnés convoca a todas as persoas interesadas, aos “cidadáns e cidadás do común, que sintan e amen o noso país, a participar democraticamente na creación deste novo referente político”. Trátase de construir este novo ente desde abaixo, co obxectivo de “sumar”, cos centros de gravidade na defensa das maiorías sociais e da nosa terra.
A convocatoria está dirixida especialmente a aqueles que non se siten representados en ningunha opción política das actuais, como punto de encontro, nunha forza onde poidan participar movementos sociais “sen tutelaxes” e todos os nacionalistas, para poñerlle freo as “políticas agresivas que desde a Xunta e o Goberno central está a desenvolver o Partido Popular”. Será o sábado 17 ás 18.30 no Centro Social de Barrantes, en Ribadumia, e pode participar calquera persoa do Salnés.
Conversa
Aínda non hai comentarios.