//
arquivo

Archive for

Maribel Iglesias, IX Premio Ramón Cabanillas


As librarías Contos e Cabanillas veñen de anunciar o nome da persoa que recollerá en Maio o noveno Premio Ramón Cabanillas. Será a profesora Maribel Iglesias Baldonedo, docente no IES Francisco Asorey e historiadora. Maribel ten traballado arreo desde o ámbito do ensino arredor de figuras como o propio Cabanillas (lembrar que en 2009 adicóuselle o Ano) ou Francisco Asorey. Dirixiu en 2005  a publicación de “Cambados, cen anos de historia a través da fotografía”, un traballo en equipo con alumnos e profesores do Asorey, e en 2009 grazas a CANDEA veu a luz o seu “Ramón Cabanillas Enriquez – Biografía en Imaxes”. Seguir lendo

O BNG falará sobre a Reforma Laboral o venres na de Peña


O Bloque Nacionalista Galego organizou un acto público para este venres en Cambados, co tema central da Reforma Laboral. Será ás 20.30 horas do venres no Salón de Peña e falarán Víctor Caamaño (portavoz local), Montse Prado (Secretaria de Organización) e Francisco Jorquera (candidato á Xunta de Galiza). O BNG tense amosado moi crítico con esta Reforma, que recorta dereitos dos traballadores, apoiando a convocatoria da Folga Xeral desde que o sindicato CIG (que se adiantou aos estatais) anunciou que se levaría a cabo o 29 de Marzo.

O Novo Proxecto Común bota a andar n’O Salnés


Durante esta fin de semana tivo lugar en Ribadumia un Encontro Aberto organizado polo Encontro Irmandiño para comezar a traballar nas bases do que debe ser o Novo Proxecto Común. No acto participaron máis de medio cento de persoas, entre as que se contaba algunhas caras coñecidas do nacionalismo comarcal, como Francisco Trigo ou Ernesto Falcón de Cambados, Manuel e Antón Mascato e Xose Manuel Domínguez d’O Grove, ou o propio Ramón Mouriño de Ribadumia.  Seguir lendo

Nas redes sociais

Marzo 2012
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.