//
estás a ler...
., Cambados

Maribel Iglesias, IX Premio Ramón Cabanillas


As librarías Contos e Cabanillas veñen de anunciar o nome da persoa que recollerá en Maio o noveno Premio Ramón Cabanillas. Será a profesora Maribel Iglesias Baldonedo, docente no IES Francisco Asorey e historiadora. Maribel ten traballado arreo desde o ámbito do ensino arredor de figuras como o propio Cabanillas (lembrar que en 2009 adicóuselle o Ano) ou Francisco Asorey. Dirixiu en 2005  a publicación de “Cambados, cen anos de historia a través da fotografía”, un traballo en equipo con alumnos e profesores do Asorey, e en 2009 grazas a CANDEA veu a luz o seu “Ramón Cabanillas Enriquez – Biografía en Imaxes”.

Respecto ao escultor, a profesora traballou catalogando a obra, participando no Ano Asorey en diferentes actividades e na Comisión -tivo moito que ver na exposición do Pazo Torrado, para a que escribiu o interesante libro que nela se ofrecía- e en internet a través do blog Paco Asorey, que ofrece datos biográficos, fotografías, análises e mesmo crítica. Haberá tempo de aquí a Maio a repasar pormenorizadamente a contribución de Maribel á cultura galega, xa adiantamos que non é pouca.

Maribel Iglesias ademais é unha persoa comprometida cas súas ideas, non se corta á hora de expresalas con claridade e ás veces cun interesante punto irónico. Para sorte deste medio publica artigos de opinión en CTK desde o pasado verán.

O acto de entrega do Premio será o día 19 de Maio ás 21 horas no Auditorio.

Conversa

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: Maribel Iglesias, IX Premio Ramón Cabanillas « DOS VUELTAS DE TUERCA - 21/03/2012

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Marzo 2012
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: