//
estás a ler...
., Cambados, Galiza

O Novo Proxecto Común bota a andar n’O Salnés


Durante esta fin de semana tivo lugar en Ribadumia un Encontro Aberto organizado polo Encontro Irmandiño para comezar a traballar nas bases do que debe ser o Novo Proxecto Común. No acto participaron máis de medio cento de persoas, entre as que se contaba algunhas caras coñecidas do nacionalismo comarcal, como Francisco Trigo ou Ernesto Falcón de Cambados, Manuel e Antón Mascato e Xose Manuel Domínguez d’O Grove, ou o propio Ramón Mouriño de Ribadumia. 

A xuntanza permitiu a calquera persoa interesada na creación dun novo referente nacional e de esquerdas poder emitir a súa opinión sobre o modelo organizativo que debería seguirse, e tamén lanzar propostas e ideas. Este proceso de xestación inclúe tamén a persoas de Máis Galiza (que se excindiu do Bloque recentemente) e a xente que hai tempo se desvinculara da fronte nacionalista. Preténdese tamén atraer a persoas que nunca estiveran en contacto coa política para sumar novos activos e ideas.Interesante neste sentido é tamén a entrevista ao cambadés de Máis Galiza, Tino Cordal, que publicou estes días o blog Cambados Xusto.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Marzo 2012
L M M X V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: