//
estás a ler...
., Cambados

O BNG pide explicacións polo cesamento da Secretaria do Concello


 O voceiro do Bloque presentou unha moción na que se interpela ao Alcalde acerca do cesamento da Secretaria do Concello de Cambados, Ángela María Viqueiro. Trascendeu hai ben poucos días o conflito (ou altercado) habido nas propias dependencias municipais entre esta Secretaria e unha funcionaria, que rematou incluso en demanda no Xulgado na que compareceu entre outros o Tenente de Alcalde. O BNG quere saber, antes a falla de información, cal é o verdadeiro motivo do cesamento de Viqueiro. Ademais, piden que para a próxima persoa que ocupe o seu cargo, se habilite na Calzada un despacho propio para a Secretaría, de xeito que as reunións deste cargo con veciños e representantes sexan confidenciais.

Ademais esta semana o BNG acusaba ao PP de obstrucción do labor de oposición pola entrega tardía das actas da Xunta de Goberno, e ante a resposta de Aragunde lamentaban que o Alcalde se xustificase por carencia de persoal cando desde o Bloque recordan que o Concello é “a maior empresa de Cambados” en empregados (140) e cuxo Alcalde dispón de tres asesores que cobran en total máis de 70.000 euros sen incluír horas extras, ademais dun asesor xurídico. Engadían que “máis que falta de persoal no concello, o problema é que o persoal dispoñible está mal redistribuído nas súas tarefas”.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Marzo 2012
L M M X V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: