//
estás a ler...
., Cambados, Galiza, global

29M Folga | Greve


Durante o xoves 29 de Marzo está convocada unha Folga Xeral para tentar parar a Reforma Laboral que o Goberno Central, en mans do Partido Popular, quere aprobar. Aínda que nun comezo esta xornada de protesta estaba convocada nas nacións do Estado polas centrais nacionalistas (en Galiza foi CIG a impulsora) finalmente a greve vivirase en toda España ao sumarse tamén os sindicatos estatais UXT e CCOO.


O paro no noso país é oficialmente de 274.675 persoas, cunha taxa de incremento interanual do 10,63% (a estatal está no 9,6%). Lembrar que cando Feijóo entrou no Goberno hai tres anos o comportamento do noso país neste tema era mellor que o de España, e que o actual Presidente da Xunta tiña por obxectivo no seu “contrato con Galicia” rematar co paro: chegouse a dicir que en 45 días. Desgrazadamente ademais, calcúlase que a cifra real en Galiza ascende a 291.496 persoas sumadas as persoas inscritas nos servizos de colocación.

N’O Salnés as mobilizacións desdóbranse en dúas, ambas ás 12 do mediodía en Vilagarcía. A dos sindicatos estatais partirá da Praza de Ravella e a da CIG farao desde a Casa do Mar.

Cambados(tk) súmase simbolicamente á protesta coa non actualización da páxina durante toda a xornada.

Advertisements

Conversa

One thought on “29M Folga | Greve

  1. Endexamáis unha folga xeral estivo tan xustificada: quere rematar a dereita cos dereitos acadados polos traballadores perante un século, decindo que é a única solución a crise imperante … namentras suscribo estas liñas, na tardiña do xoves 29, a primeira valoración e que foi un éxito en Cambados. Tanto ten que abriran os comercios, non tiñan xente … os propietarios cometeron un erro FORZANDO a unha grande parte dos seus traballadores a cumplir a súa xornada laboral só pena de DESPIDO … co que fixeron de caixa non teñen nen para paga la luz, cousa da que non me congratulo, pero que sí compre decir, para que saiban que a cidadanía está totalmente en contra desta salvaxada que a Patronal quere impoñer, para seguer gañando as fortunas que posúen. Unha reforma laboral que só vai a crear máis despidos, liquidar balances para a continuación crear emprego de miseria, coma os mini-jobs en Alemaña: traballar 25 anos para cobrar de pensión 140 euros ….

    Posted by oscarman | 29/03/2012, 8:51 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Marzo 2012
L M M X V S D
« Feb   Abr »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: