A asociación de blogueiros de Cambados e arredores vén de ser creada na xornada de onte. No transcurso da reunión aprobáronse os estatutos, redactouse a acta fundacional e foron elixidos os membros para a directiva. O presidente será Valentín Estévez, Maribel Iglesias será vicepresidenta e secretaria e Javier Vidal será o tesoureiro. A asociación tamén tratou na asemblea algunha proposta de actividade que será concretada nos vindeiros días. Cambados(tk) apoia a creación deste novo colectivo. Foto: Faro de Vigo
A organización da mocidade do PP celebrou onte un congreso local no que se renovou a súa directiva. O novo presidente é Alberto Serantes e conta con Gerardo García como tesoureiro e María Piñeiro como vicepresidenta. Ao acto acudiron o presidente das NNXX de Galiza, a deputada Rosa Oubiña, o ex alcalde Tourís e Luís Aragunde. Seguir lendo
O presidente dos rañeiros, Carlos M. Martínez, González, remite unha nota na que se queixa de que o Patrón Maior da Confraría, Benito González, non respostou un escrito da súa agrupación remitido no mes de Xaneiro sobre a suposta actividade irregular dun dos ex-asociados que volvera a fanear a pesar de levar máis de un ano apartado de calquera actividade pesqueira ou marisqueira (nese caso pérdese a condición de membro da Confraría). Seguir lendo
Os presupostos ascenden este ano a 8.3 millóns de euros e segundo o alcalde as previsións están “axustados á realidade económica”, algo que non é certo para a oposición. Víctor Caamaño, polo BNG, lamentou a falla de previsión, transparencia e austeridade. Caamaño propuxo outro ano máis (outro ano máis sen éxito) que se adique un empregado municipal ás xestións que fai o ORAL, que cobra máis cada exercicio (265.000 nesta ocasión). Denunciou que baixa o destinado a mantemento de centros escolares (24.000 euros) mentres se comproba cada ano que non é suficiente. Seguir lendo
Hai meses anunciábase esta iniciativa, nada tralo peche do semanario A Nosa Terra.Consistía en crear un novo medio escrito en lingua galega, co apoio individual de persoas “do común”, a modo de accións. Durante estes meses a iniciativa xuntou os cartos necesarios (300.000 euros) para arrancar e pronto verá a luz o primeiro número en papel.
Mentres tanto, na rede xa está a operar desde hai dous días a súa edición dixital, á que podes acceder mediante este enlace. Sorte nesta nova andaina.
O portavoz do Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras, estará este venres 27 no Grove. Participará nunha presentación pública e aberta das propostas para un Novo Proxecto Común, un novo movemento político que recolle ás excisións do Bloque e a novos axentes para desenvolver un proxecto político que defenda a Galiza e á maioría social.
Ademais de Beiras, participarán tamén voceiros do NPC do Grove e ao remate haberá un coloquio no que poderán tomar a palabra aqueles que o desexen. Será na Casa de Cultura Manuel Lueiro ás 20.30 horas. Seguir lendo
Peculiar cando menos é a nova normativa de seguranza que quere aprobar o goberno da dereita vilagarciá de PP e iVIL. O texto introduce unha serie de prohibicións que non se aplican nos Concellos veciños e que incluso rallan no ridículo. Saltar, correr, ou falar en grupos de dous ou máis obstaculizando o paso pola beirarrúa vaise considerar infracción, infracción que poderá ser denunciada ben sexa pola Policía ou ben por calquera outra persoa. Seguir lendo
No pleno deste xoves serán tratados unha boa cantidade de puntos da orde do día. O máis relevante sexa, quizais, o debate e aprobación ou non dos Orzamentos para este ano. Orzamentos sobre os que xa se informara en CTK hai meses e que popoñen unha suba xeralizada de impostos, moitas das veces por riba do IPC (o que se considera. a “suba do prezo da vida”). Non hai que viaxar atrás moito no tempo para lembrar como en cuestión de tres meses o alcalde, Luís Aragunde, pasou de amosar a súa oposición á suba do IBI e en xeral das taxas municipais, a anunciar que o seu propio Goberno as incrementaría. Con toda probabilidade, os votos do PP (que xa aprobaran en Outubro a suba das taxas) consolidarán esa suba coa súa inclusión nos presupostos. Seguir lendo
O Colectivo Ecoloxista do Salnés e a Federación Ecoloxista Galega convocan a unha charla para o mércores 25 de Abril na parroquia do Oubiña, sobre o polémico tema “Campos electromagnéticos, subestacións eléctricas e saúde”. O encontro terá lugar no Centro Cultural Manuel Mariño da AAVV de Oubiña, entidade colaboradora xunto coa Plataforma en Defensa da Ría. Precisamente será un membro desta plataforma, Xulio Carmona, o poñente nesta sesión informativa. Seguir lendo
A páxina cambadesa (de feito, a terceira máis antiga) Cambadosweb abandona o escenario blogueiro do Concello. Faino tras moitos anos na rede, desde 2007, pero non vai quedar no camiño senón que é parte del, xa que o seu administrador anuncia que a partires da semana que vén abre un novo proxecto. A nova web chámase Vivir en Cambados e poderase a acceder a ela a través de www.cambados.org.es. Como o seu nome indica terá como centro de gravidade o que aconteza no noso Concello. Desde CTK desexamos moitos éxitos á nova iniciativa e parabéns por estes anos de actividade.