Santamarinadozo.tk, ese é o nome dunha páxina que descubrimos grazas á profesora Maribel Iglesias. A páxina está asinada por Julio I. González Montañés (docente no centro de Ensino para Adultos Río Lérez), e fai un repaso completo sobre as diferentes características das ruínas de Santa Mariña a través de diferentes apartados, como poden ser escultura, pintura, arquitectura, historia, fotos antigas…Podes acceder á web premendo aquí (a imaxe foi tirada da mesma).
Este Luns día 2 de Abril Por Dereito capitanea a celebración do Día do Autismo co apoio do Concello de Cambados. Pola mañá esta conmemoración xúntase co Día do Libro da biblioteca municipal, e a partires das once haberá alí actividades. Desde a asociación animan a todo o mundo a que ese día colguen globos azuis nas fiestras das súas vivendas. Seguir lendo