O Concello de Cambados acumula xa máis e 1.700 persoas desempregadas. O paro aumenta outra vez en Marzo logo de que Febreiro dera un (falso) respiro. O Salnés é xa a quinta comarca na lista de líderes do paro, a pesar de que por poboación absoluta non lle correspondería unha posición tan elevada. Supera xa a comarcas como Ourense ou Pontevedra, con máis habitantes, empata tecnicamente con Santiago e só é superada polas de Vigo, Coruña ou Ferrol.
Cando Luis Aragunde estaba en campaña hai un ano os datos de desemprego xa eran malos, rondaban a cifra dos 1.500 para Cambados. Pero mellores que agora. El afirmaba nas entrevistas que era un problema que o preocupaba e que sería o seu primeiro obxectivo no goberno. Incluso chegou dicir que “hasta me cuesta comer al llegar a mi casa” mentres botaba ás culpas ao Goberno Central e obviaba a parte que lle tocaba ao seu propio goberno e ao do señor Feijóo. Hoxe, o problema non só non ve solución senón que se agrava pero non hai comicios locais á vista. É prioritario o tema do paro para o Goberno Municipal? Estanse tomando medidas ante este drama?
eu desconfio de que aia tanto paro en Cambados, ou polo menos os comerciantes asi o ven pois eles viven dos cambadeses e o dia 29 de marzo ningun comercio fixo folga sera que non ai paro e non lles afectan as vendas?,por que si ai paro non se vende, a non ser que recibiran orden de non pechar
Óscar, sabes perfectamente que a única competencia dun concello en material laboral consiste en solicitar e xestionar todos os plans de emprego posibles. Emais en formar aos desempregados para que poidan acceder ao mercado de traballo. Cambados estao a facer, pero non se lle pode pedir que o axuntamento empregue mais xente ando xa é a primeira empresa do municipio. A crise económica dsborda aos concellos, ás autonomías e ao propio Estado. Neste momento, a máxima prioridade é pagar aos acredores. Do contrario seremos intervidos pola U.E. Os mercados capitalistas, tan odiosos e odiados, fan posible que exista o Estado do Benestar. Pero chegado o momento dunha crise como a actual, póñeno en perigo ao esixir que se paguen os custes dos créditos avalados para crealo. España non ten fondos para soster todo o entramado de infraestruturas, tecido industrial, formación, sanidade, servizos sociais, etc. Os mercados permitíronlle logralo, pero agora toca pagar a factura. Os recurtes non os impón o PP, senón a U.E. A reducción do gasto é prioritaria, primeiro pagar, antes que gastar. O Estado está nas mans dos que lle prestaron para conseguir vivir como ricos. Igual que unha familia queda nas mans do banco que lle deu a hipoteca. Así de claro.
Sandra, é certo que os Concellos non teñen máis competencias directas. Pero si teñen moitos recursos que están intimamente vencellados ao desenvolvemento económico e, polo tanto, ao emprego. Póñoche dous exemplos: o Polígono Industrial. Está claro que é unha ferramenta de dinamización económica e polo tanto de emprego. En Cambados creouse un que se empregou, co visto e prace do Goberno Local, para especular cos seus terreos en lugar de favorecer estritamente a actividade produtiva nas parcelas. Outro exemplo: o mar. O marisqueo é a primeira industria de Cambados, queremos favorecela? Insistir nun proxecto como o das comportas do Saco non parece o máis intelixente se queremos crear postos de traballo neste sector. O prioritario sería instar á Xunta e a quen competa para o saneamento integral, que revertirá no ben común de Cambados e na creación de postos de traballo relacionados co mar. E podería seguir con máis exemplos de como un Concello SI ten capacidade de intervir no emprego. Líbrame de pedir ao Concello que empregue a máis persoas, posto que ti e máis eu sabemos como funciona esa rede (clientelar).
Respecto a parte da UE, eu non comungo con dogmas ou frases feitas como “primeiro pagar, antes que gastar”, remítoche ao fenomenal artigo de Maribel na portada. Eu négome a que destrúan o Estado do Benestar mentres bancos son salvados cos cartos de tod@s, non podemos permitir caer no seu xogo. O PP está a buscar as excusas perfectas para levar a política que lle gustaría e que noutra situación non podería.
Saúdos
por certo, que se o Concello non puidera facer máis nada que talleres de emprego, entón Aragunde mentía cando dicía que o emprego sería a súa primeira prioridade no goberno hai un ano. Claro que, visto o que dicían Soraya Saez de Santamaría e Cospedal sobre subida de impostos e amnistía fiscal, calquera cre a palabra destes políticos, nonsi?
Pos é unha mentira máis das moitas que o PP empregou para acadar os Gobernos en cáseque toda España, e non esquezamos que foron ELES os que principiaron a construir sen tino e crear uns contratos de lixo, os mesmos que desfán agora sen reparar o drama que supón, coma ben apuntas, amigo Óscar. 200 parados máis en Cambados, a maior EMPRESA do pobo, O CONCELLO, por moito que Luis diga que non- ¿E cómo se entra a traballar? NEPOTISMO, puro e duro .. é extrapolable a tódolos eidos da VIDA CAMBADESA, unha sociedade CLASISTA, SECTARIA E DECIMONÓNICA NA SÚA MEIRANDE PARTE. Porén non está todo perdido, a sociedade demanda cambios urxentes, e a multitude coma dicía Ortega e Gasset, é un monstro difícil de parar, quero ollar coma saen desta, cando unha casa (milleiros neste caso) se fai polo tellado, a estrutura non resiste. Cambados é unha vila atrasada, sen visos de cambio de seguer éstes, non teñen valía nen capacidade: “imos fasendo” ……..
Saúdos
Por certo, Sandra: non son os mercados os que crearon o Estado de Benestar, foron os cidadáns co seu traballo no que hai un desconto na nómina (cada vez maior) de continxencias coma o IRPF, a S.S, etc, etc. O único bó se me apuras que fixo Don Francisco Franco foi a Seguridade Social, sanidade pública e gratuíta para tódolos cidadáns, e na Transición se fixeron avances significativos neste aspecto, para que agora “proclamemos” instaurada a Lei dos MERCADOS, e que son eles que financian a sanidade e a educación: é unha falsedade. O “quid” da cuestión son as políticas neoliberais que desfán todo o social e de progreso. Coma relataba Duarte Correa en Telesalnés, o que hai que por en marcha son POLÍTICAS ALTERNATIVAS, que partan da creación dun BANCO CENTRAL que vele polos intereses dos Galegos, e non é palabrería. ¿Qué acontece co Reino Unido? Pos ten máis deuda ca nós, pero unha moeda independente e forte, e un Banco de Inglaterra que a protexe dos especuladores. Por iso segue medrando e creando emprego. Eu leo a cotío a Paul Krugman e Simon Lewis e son tamén “keynesiano”, e a economía non a representan os especuladores. Non vale o paralelismo que establece ese auténtico disparate de Ministro, Cristóbal “Colón” Montero: se un ama de casa de Luxemburgo ten os seus aforros e quere sacarlles rendimento, invirte onde máis plusvalías /beneficios ten, e polo tanto invirte en calquera lado menos en España. Non é lícito, nen moral, aducir esa teima. Os beneficios sociais teñen que repercutir nos cidadáns diretamente, sen filtros de ningunha clase, e non digamos os especuladores que poñan as reglas de xogo. Estou canso de escoitar iso de “que vivemos por riba das nosas posibilidades, e agora hai que pagala fatura”: cada 10 Galegos estamos pagando os desmáns que fixo un empresario, un especulador, unha Administración. Non metamos nun saco a todos por igual, porque aquí a xente de “posibles” é máis rica, non coñezo nengún que caera na pobreza, e os pobres máis pobres. Eso é a Lei das Especies, non a que ten que ter unha sociedade que se proclama”democrática”.
Saúdos