//
estás a ler...
., Cambados

Os veciños de Vilariño asócianse contra a estación eléctrica


Un proxecto de estación eléctrica no lugar de Batuqueiro está a provocar un pequeno levantamento entre a veciñanza, que mesmo artellou xa unha asociación para organizarse fronte a esta proposta de Red Eléctrica. Sobre todo, denuncian falta de información sobre o tema, e aseguran que a estación tería unha potencia de 220.000 voltios e estaría ubicada a 200 metros das vivendas de 15 familias. Ademais, as liñas pasarían por riba das fincas. Eles entenden que unha infraestrutura como esta debería instalarse nun polígono industrial, e nunca no medio das casas.

APOIO DE BNG E PSOE FRONTE A UN ARAGUNDE NEUTRAL

Pola súa banda hai un par de xornadas o Partido Socialista facía público en Facebook o seu apoio aos veciños. O BNG fixo o propio hoxe, tras estar presente onte na asemblea que a nova asociación celebrou. O concelleiro nacionalista Xaquín Charlín fixo unha pequena crónica do que se tratou nesa reunión para o seu blog. Salientou que os veciños non se sinten apoiados por Aragunde, chegando incluso a afirmar que están a ser “toreados” polo Alcalde. O voceiro do Bloque, Víctor Caamaño, presentou hoxe no Concello unha moción sobre o tema.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Abril 2012
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: