O Colectivo Ecoloxista do Salnés e a Federación Ecoloxista Galega convocan a unha charla para o mércores 25 de Abril na parroquia do Oubiña, sobre o polémico tema “Campos electromagnéticos, subestacións eléctricas e saúde”. O encontro terá lugar no Centro Cultural Manuel Mariño da AAVV de Oubiña, entidade colaboradora xunto coa Plataforma en Defensa da Ría. Precisamente será un membro desta plataforma, Xulio Carmona, o poñente nesta sesión informativa.
Ao parecer o acto non se puido realizar en Vilariño (onde lembremos os veciños están a levar a cabo unha campaña de protesta pola intención de Red Eléctrica de instalar unha infraestrutura deste tipo) porque o Concello argumentou que o centro cultural estaba ocupado para este día.
Será mércores 25 de Abril ás 21 horas no Centro Cultural Manuel Mariño.
o que tendes que facer e alumear as estradas de oubiña e lois, e deixar de queimar cartos…que de tanto queimar non sei como non esta todo ven almeado
Queimar cartos? Esta actividade non costou nin un só peso, o conferenciante ven gratis, o cal lel agradecemos.