No pleno deste xoves serán tratados unha boa cantidade de puntos da orde do día. O máis relevante sexa, quizais, o debate e aprobación ou non dos Orzamentos para este ano. Orzamentos sobre os que xa se informara en CTK hai meses e que popoñen unha suba xeralizada de impostos, moitas das veces por riba do IPC (o que se considera. a “suba do prezo da vida”). Non hai que viaxar atrás moito no tempo para lembrar como en cuestión de tres meses o alcalde, Luís Aragunde, pasou de amosar a súa oposición á suba do IBI e en xeral das taxas municipais, a anunciar que o seu propio Goberno as incrementaría. Con toda probabilidade, os votos do PP (que xa aprobaran en Outubro a suba das taxas) consolidarán esa suba coa súa inclusión nos presupostos.
O Imposto sobre Bens Inmobles, que o Goberno de Mariano Rajoy tamén incrementou, vai posibilitar que o Concello ingrese case 300.000 euros máis que no pasado exercicio (e aos cambadeses custaralles 30 euros adicionais). Entre as caídas máis pronunciadas nos ingresos volve a figurar a concesión de licenzas urbanísticas (o Concello deixa de ingresar 20.000 euros con respecto o ano pasado). No apartado de gastos destaca, como de costume, o de persoal que é de 3.8 millóns de euros (un 46% do total dos gastos).
PREGUNTAS NO PLENO
No pleno, ademais da materia orzamentaria, tratarase o tema da subestación eléctrica en Vilariño. A cuestión sería traída ante o goberno polos concelleiros de PSdeG e BNG. Os nacionalistas ademais volveron presentar unha moción para pedir que se lles resposte a máis de vinte preguntas das que non obtiveron resposta desde que se formularon en Febreiro.
Suba de impuestos heredados por culpa de la gestión del penoso gobierno anterior.
Concordo coa apreciación que fas sobre o goberno Tourís-Aragunde 😉
O PP no concello, o PP na Xunta e o PP no Estado…. Máis paro, máis recortes, máis impostos aos que menos teñen, menos consumo, mais paro, mais recortes… igual que en Grecia e Portugal.