//
estás a ler...
., Cambados

Se vas a Vilagarcía camiña a modo, poden denunciarte por correr


Peculiar cando menos é a nova normativa de seguranza que quere aprobar o goberno da dereita vilagarciá de PP e iVIL. O texto introduce unha serie de prohibicións que non se aplican nos Concellos veciños e que incluso rallan no ridículo. Saltar, correr, ou falar en grupos de dous ou máis obstaculizando o paso pola beirarrúa vaise considerar infracción, infracción que poderá ser denunciada ben sexa pola Policía ou ben por calquera outra persoa.

Dentro das medidas máis “normais” ou polo menos discutíbeis atópase a de poñerlle fin aos chamados “gorrillas” que operan especialmente na zona TIR e en Fexdega, prohibir que se tiren cabichas ao chan ou regular a colocación de pancartas, propaganda ou panfletos en sinais de tráfico ou mobiliario urbano.

Fonte: Diario de Arousa

Advertisements

Conversa

6 thoughts on “Se vas a Vilagarcía camiña a modo, poden denunciarte por correr

  1. “Peculiar cando menos”? … Non atopo o adxectivo …
    O de non atascar a beirarúa non o vexo mal. Tamén se debería prohibir o uso de paraguas ou que a xente se despida nas portas.
    Alucino.

    Posted by Gregorovius | 26/04/2012, 2:26 pm
  2. Deberían prohibir tamén andar con paraugas polas rúa, e deterse diante dos escaparates.

    Posted by Karl | 26/04/2012, 2:49 pm
  3. E os carriños de bebés, e as cadeiras para nenos pequerrechos, quen os queira levar pola rúa que os leve ás costas.

    Posted by Karl | 26/04/2012, 2:53 pm
  4. E deberían prohibir a risa. Os viandantes, sempre en movemento, só poderían dicir:
    Morir habemos
    Ya lo sabemos

    Posted by Karl | 26/04/2012, 3:01 pm
  5. A este paso en 10 anos viviremos nun fascismo pior que o de Franco. Isto non é inconstitucional?

    Posted by Xián | 27/04/2012, 8:30 pm
  6. A MIN O QUE MAIS QUE MOLESTA E A MERDA DOS CANS POLOS CAMIÑOS. O DOS ABANDONADOS AINDA , PERO OS QUE VAN DE PIJOS E PITIMINIS, POR FAVOR QUE O RECOLLAN. A ESTES SI QUE HABERIA QUE POÑERLLE UNHA BOA MULTA.

    Posted by MARIA | 31/07/2012, 11:57 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Abril 2012
L M M X V S D
« Mar   Mai »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: