O portavoz do Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras, estará este venres 27 no Grove. Participará nunha presentación pública e aberta das propostas para un Novo Proxecto Común, un novo movemento político que recolle ás excisións do Bloque e a novos axentes para desenvolver un proxecto político que defenda a Galiza e á maioría social.
Ademais de Beiras, participarán tamén voceiros do NPC do Grove e ao remate haberá un coloquio no que poderán tomar a palabra aqueles que o desexen. Será na Casa de Cultura Manuel Lueiro ás 20.30 horas.
E precisamente anteonte tivo lugar en Compostela un acto semellante no que participaron representantes de diferentes organizacións que xa traballan neste novo proxecto; Martiño Noriega (alcalde de Teo e membro do Encontro Irmandiño), Xoán Bascuas (Máis Galiza), Xoán Hermida (Ecogaleguistas) e Rafael Cuíña (Acción Galega). Aínda que ante todo, nesta fase do proceso, precísase segundo o propio Encontro Irmandiño, aplicar a democracia asamblearia e participativa e o pluralismo político, o que se deu en chamar “construir de abaixo arriba”.
Aínda fica espranza na política do aquí e ajora, adiante co NPC!
Que se retire xa de unha vez. Si pedimos xente nova para o PPSOE, para estes tamen. Este tio xa cheira.