Os presupostos ascenden este ano a 8.3 millóns de euros e segundo o alcalde as previsións están “axustados á realidade económica”, algo que non é certo para a oposición. Víctor Caamaño, polo BNG, lamentou a falla de previsión, transparencia e austeridade. Caamaño propuxo outro ano máis (outro ano máis sen éxito) que se adique un empregado municipal ás xestións que fai o ORAL, que cobra máis cada exercicio (265.000 nesta ocasión). Denunciou que baixa o destinado a mantemento de centros escolares (24.000 euros) mentres se comproba cada ano que non é suficiente.
15.000 euros para o Xantar de Terceira Idade e 7.000 para bolsas de estudo
O voceiro nacionalista recalcou que é inaceptábel adicar o dobre ao xantar da terceira idade que ás bolsas de estudo, e suxeriou que a primeira partida se podería destinar a axudarlles aos maiores a sufragar os medicamentos que agora teñen que re-pagar grazas ás medidas de recorte de Mariano Rajoy.
Pola banda do PSOE, Rafael Blanco asegurou que segue a ver erros nas contas e “irregularidades”. Lamentou que o Concello non dispoña dun plan para crear emprego e impulsar a industria. O PP pola súa parte amousouse certo de que a oposición a priori non daría o seu visto bo. Aragunde asegurou que a Praza de Abastos será unha realidade nesta lexislatura e defendeuse das críticas da oposición respecto á non-austeridade das Festas argumentando que o gasto no Albariño revirte no sector.
Fonte: Diario de Arousa
Conversa
Aínda non hai comentarios.