//
estás a ler...
., Cambados

Alberto Serantes é o novo presidente local de Novas Xeracións do PP


A organización da mocidade do PP celebrou onte un congreso local no que se renovou a súa directiva. O novo presidente é Alberto Serantes e conta con Gerardo García como tesoureiro e María Piñeiro como vicepresidenta. Ao acto acudiron o presidente das NNXX de Galiza, a deputada Rosa Oubiña, o ex alcalde Tourís e Luís Aragunde.

O recén elixido presidente agradeceu “o traballo” do anterior responsábel, Diego Rumbo, que foi elixido hai dous anos, cando se crearon as Novas Xeracións no noso Concello. Nestes dous anos a organización non tivo unha actividade demasiado constante, tan só actos moi puntuais, e desde logo careceu de perfil político de seu. A nova directiva anuncia que vai poñerse en marcha con iniciativas de “carácter social e benéfico”.

Conversa

2 thoughts on “Alberto Serantes é o novo presidente local de Novas Xeracións do PP

  1. O PP caracterizouse sempre por ser social e benéfico…

    Posted by Xián | 30/04/2012, 8:22 pm
  2. A beneficencia da que falan é a que reflicte o Presupuesto Municipal: 15.000 euros para a comida dos xubilados e 5.000 euros para BECAS … lonxe de retractarse de comilonas deseñadas para captar o voto dos “fieis…”, aumentan as dádivas e labores culinarias para manter a rede clientelar de votos que teñen pergueñada … eu teño que consultar se é motivo de prevaricación ou non, pero ético e moral ??? ….Namentras, a xente nova e as SÚAS FAMILIAS teñen que soportaren os gastos da defenestrada educación pública e a orfandade da Sanidade existente … Luis Aragunde segue os ditados de Tourís, e o seu xeito de gobernar. Estou decepcionado con il: estudamos xuntos, somos da mesma xeración, me consta que non ten mal corazón, a pesares dos seus ex-abruptos, pero non é a persona que coñecín, en absoluto. Non explicou a día de hoxe por qué trocou de ideoloxía, non trata os Cambadeses por igual, é falso que diga isto, cando somos obxecto de burla e escarnio por parte dos empregados “enchufados” que ten na Biblioteca Municipal, só por facer uso da liberdade de espresión e ideas, diferentes das súas; nen tolerancia, nen coherencia, nen goberno para todos, nen educación por parte dos seus acólitos, encabezados polo personal laboral e eventual que non aprobou unha oposición na súa vida. O único que teñen e o carné do PP, e fan o que lles mandan: “enviade a Núñez un recadiño, que deixe de molestar”. Craso erro, amigo Luis, e “dimo tí a faciana” , non te escondas …. ata se voltou cobarde. Cambados é unha ínsula Barataria e de Beneficiencia (Cervantes)

    Posted by oscarman | 03/05/2012, 1:37 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Abril 2012
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: