//
estás a ler...
., Cambados

Caamaño reitera que a obra se levou a cabo antes de recibir licenza


O voceiro do BNG remite hoxe unha nota de prensa para respostar ás declaración de Aragunde sobre o caso da conversión dun terreo forestal en cultivo de albariño, sen ter recibido o permiso do Concello, e con implicación dun concelleiro do PP e da esposa de Cores Tourís. O alcalde dicía que o BNG está manipulando e que no Concello todos, incluidos os concelleiros do seu partido, precisan cumprir os requerimentos legais.

Víctor Caamaño lembra que neste caso houbo movemento de terras sen existir licenza (que aínda está en trámite) e iso é algo que non permite a Lei 9/2002 de Ordeación Urbanística e Protección do Medio Rural. Ademais, sobre un dos permisos cos que conta o expediente, a Xunta condiciónao a que non se talen as sobreiras e os carballos do lugar, cando a día de hoxe non queda nin un só na parcela. Tamén se refire o nacionalista aos requerimentos da Xunta sobre a realización de informes medioambientais que inclúan memoria, estudo de alternativas, etc. Ou ao informe do propio arquitecto municipal declarando que se debe pedir autorización a Patrimonio pola cercanía de Bens Culturais e Naturais suxeitos a protección.

O BNG asegura que non se adiantou nin terxiversou, senón que foron Cores Tourís (coñecedor do asunto) e o concelleiro do PP implicado, quen foron de ¨listillos¨ pensando, segundo Caamaño, que ninguén se decataría do asunto. Ademais, lamentan que o alcalde Luís Aragunde estea encubrindo aos compañeiros de partido nun momento difícil para veciños e veciñas.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Maio 2012
L M M X V S D
« Abr   Xuñ »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: