//
estás a ler...
., Cambados

O Bloque destapa unha presunta irregularidade urbanística n’A Modia con implicación dun concelleiro


O voceiro do Bloque Nacionalista Galego de Cambados, Víctor Caamaño, compareceu ante os medios n’A Modia para dar conta dunha presunta irregularidade urbanística na que estaría implicado un  concelleiro do PP e a esposa do ex alcalde e actual delegado da Xunta Cores Tourís.

Caamaño asegurou que os veciños se alarmaron cando en Febreiro comezaron a desaparecer as árbores do Pinal da Maza. Entón o BNG pediu o expediente da obra no Concello (que data do 23 dese mes a pesares de que as obras comezaron con anterioridade) e ao parecer a intención é converter un solo forestal en chan adicado ao cultivo de Albariño. Algo que, lembra Caamaño, é ilegal segundo as Normas Subsidiarias do Concello, que non permiten ese uso en zona catalogada como de protección forestal.

Ademais podería estarse incumprindo a normativa medioambiental e a de Patrimonio. Por todas estas razóns os nacionalistas piden a inmediata suspensión das obras e tamén a demisión do concelleiro do PP implicado. Segundo o expediente, son dúas as empresas implicadas, ás que estarían ligados o concelleiro popular Juan Ramiro Gómez e a dona do ex alcalde Tourís.

A RESPOSTA DO ALCALDE ARAGUNDE

Luís Aragunde asegurou que o BNG malinterpreta a normativa, e aínda que asegurou que a obra conta con tres informes favorábeis, a licenza municipal está aínda en trámite. O rexedor di que o Bloque realiza unha oposición de “insulto e engano” e di que os requisitos legais do Concello son iguais para todos os cidadáns, sexan concelleiros do PP ou non.

ACTUALIZACION. O alcalde non di a verdade nas súas declaracións en TeleSalnés, como indican en “A ti meu Cambados”. Nelas, Aragunde manifestaba que descoñecía se o seu concelleiro estaba implicado xa que se trataba de solicitudes de empresas. No mencionado blog achegan un edicto no cal figura expresamente o nome do concelleiro do PP como solicitante e asina o propio Luís Aragunde.

Máis info. (e dous vídeos) en Canal Rías Baixas

Conversa

2 thoughts on “O Bloque destapa unha presunta irregularidade urbanística n’A Modia con implicación dun concelleiro

  1. Os meus parabens a Oposición do BNG encabezada por Víctor Caamaño. Levamos tempo decindo que éstos só pensan presuntamente, en aumentalo seu PATRIMONIO, tanto lles ten a lei. E se a xente os vota e porque pensan os ILUSOS que lles van a dar algo, que serán os seguintes en colocar. Pos xa ollades que non, son coma os caramelos que regalan despós das vodas, os que viven a base de ben son eles. Namentras os caiques existan, non haberá xustiza social.
    Esta mañá da unha rolda de Prensa Tourís: ten a presunción de inocencia, porén esixiremos a responsabilidade consonte a un Alto Cargo, nomeado polo Consello da Xunta de Galiza, a proposta de Alberto Núñez Feijoó. Imos pedir a mesma responsabilidade que con Conde Roa, esto de ser certo é un delito.

    Posted by oscarman | 04/05/2012, 2:34 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Maio 2012
L M M X V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: